Ás dez e media saímos cara a Miño.
Chegamos na carreiriña dun can e deunos tempo para ir buscar os alumnos do CPI Castro Baxoi.
Chegamos ao centro social, sentamos, e Brais e Marta comezaron a contarnos contos.
Pero non eran só contos, fusionábanos con música e chegaban moito ao corazón.
Escoitamos relatos árabes e galegos.
Logo fixemos un obradoiro con actividades coas que rimos moito e que serviron para unirnos cos do outro colexio.
Aprendimos que a mirada é moi importante á hora de transmitir.
E, ao final, todos saímos na foto.
Artigo escrito a base de retallos das Mariñas Lectoras que hoxe fixeron a primeira, e esperamos que non a última, actividade conxunta co clube de lectura Salicornia de Miño.
Graciñas a Tropa de Trapo pola mañá tan especial que nos fixo vivir.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
ola
pois pasamolo moi ben
e a ver se repetimos
jeje
os contos foron moi vos e as actividades moi divertidas
adeus
Pois si... si que o pasamos ben, foi unha mañá máxica grazas as voces de Brais e Marta, ás viaxes que fixemos polo deserto e por lugares galegos como Laza, ás luces e á música da guitarra portuguesa de Brais e tamén grazas á primeira xuntanza entre salicornios-as e mariñas lectoras. ¡Oxalá nos vexamos pronto de novo!
Begoña
ola
foi moi divertido e pasamolo moi ben
jejeje
os contos foton voísimos e as actividades moi divertidas
aver se repetimos mais veces jejeje
adeus
Publicar un comentario