miércoles, 27 de febrero de 2008

Acta de minireunión

A reunión de onte para os do club de 3º e 4º acabou sendo unha minireunión, e que é difícil competir cos exames días antes dunha avaliación. De todos os xeitos a tarde deu para xogos e para tomar decisións, que non é pouco. Imos por partes.


No lateral deste blog e dentro do apartado "Nosas actividades cos libros" hai unha dedicada a "O cazador de estrelas". Animádevos a facela e contádenos o resultado. Rocío e Sonia foron moi hábiles con ela a pesar do complicado que resultou reconstruír África.


Con respecto á nosa próxima lectura quedaramos en que sería a gañadora da enquisa que houbo neste blog ata onte mesmo: "Finis Mundi" de Laura Galego. Pero ante a visita que o próximo día 27 de marzo fará Gonzalo Moure ao noso club, decidimos empezar agora con A noite d´O Risón para poder falar do libro directamente co seu autor e pospor "Finis Mundi" para despois. Todos de acordo? Esperamos que si.




A noite d´O Risón baséase en historias sobre tormentas, naufraxios e mortos, contadas por mariñeiros e outros personaxes misteriosos que quedan atrapados, unha noite, polo temporal nun bar de pescadores.



O vindeiro martes pola mañá vémonos e repartimos os libros!

domingo, 24 de febrero de 2008

"Os ollos de ver están no corazón"


A semana pasada o Sáhara visitou as Mariñas.
Todo o balbordo dos campamentos saharauís inundou a nosa cafetería coas fotos e os obxectos que a nosa compañeira Dores trouxo de aló.
"As Mariñas Lectoras" tamén contribuístes co voso graíño de area decorando a corticeira da biblioteca cos comentarios e debuxos sobre O cazador de estrelas e Palabras de Caramelo.
E mentres tanto, na biblioteca puidéronse ver cada día unha curtametraxe distinta sobre o pobo saharauí:
- O primeiro día achegámonos á orixe dos campamentos e á súa forma actual de vida.
- O segundo día coñecemos a Lalia que nos falou en primeira persoa da esperanza en retornar ao seu país.
- E o terceiro día acompañamos a Susu na súa primeira viaxe desde Smara ata Madrid dentro do programa: "Vacaciones en Paz".
"Os ollos que miran non son os ollos de ver; os ollos de ver están no corazón"

sábado, 16 de febrero de 2008

Diario dun amor adolescente.

Día 13: Que fago? Escríbolle? Non, é unha horterada. Mira que poemas máis fermosos colgaronos da biblioteca. Si, entro, pido rápido unha postal e escríbolle.
Día 14: Sorrisos, ollares inquedos, bicos de namorados, cor vermella na roupa e na alma, apertas, nervios, incertidume.... Haberá carta para min? Por que non as reparten hoxe? Moito curran os de Técnicas de Expresión Expresión escrita de 4º: Currículo do amor, Instancia ao amor, Reclamación ao amor, Anuncios de balde amorosos...




Día 15: Toc, toc! Eh, aí vén a da biblioteca! Vaia feixe de postais! Ala, dállas á profe! E agora, uff!, agardar ata que remate a clase. “Yes, teacher”. “Que si, que facemos as ecuacións para o luns”. “Cal? O comentario da Revolución Francesa para o próximo día?” “Eu non sei analizar as cláusulas complexas!” “Veña profe, reparto eu as cartas?”
Siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii! De quen será? Eu coma se nada. Que chuliña! De hoxe non pasa, dígolle algo. Que nervios...

miércoles, 13 de febrero de 2008

Un de catro

A lectura de O cazador de estrelas e máis Palabras de Caramelo deixounos a inquedanza de coñecer máis das condicións de vida nos campamentos saharauís. Por este motivo, e logo desta semana "namoreira", ímoslle dedicar uns días á realidade que se vive neses campamentos.

Mentres argallamos esas xornadas, aí vai unha proposta de novas lecturas para o alumnado do club de 3º e 4º da Eso.


Contos de Edgar Allan Poe, historias de terror gótico e psicolóxico, tramas detectivescas e románticas, ficcións alegóricas, aventuras.... nunha selección das mellores páxinas de quen sempre viviu ó límite da locura, do amor, da vida.


El misterio del eunuco de José Luís Velasco que transcurre en la corte cordobesa de al-Haken II, en donde encerrados en la misma habitación han aparecido el cadáver del eunuco favorito del califa y el mozárabe Rodrigo. Todo indica que se trata de un asesinato...


Corredores de sombra de Agustín Fernández Paz. Verán de 1995. No pazo dos Soutelo, ao facer unhas obras de restauración, descóbrese un esqueleto dentro dunha alfombra enrolada, oculto entre dous tabiques. Quen é o morto? Que man empuñou a pistola que o asasinou?


Finis mundi de Laura Gallego cuenta la historia de Michel, un joven monje de catorce años que descubre en su monasterio unos pergaminos que profetizan la llegada del fin del mundo para el año 1000. Estamos en el año 997 y la única manera de evitar la catástrofe es reunir tres amuletos mágicos repartidos por toda Europa.


Como podedes ver a cousa vai de misterio, iso que tanto vos gusta. Ah! dúas son en castelán e dúas en galego. Nesta ocasión todos leremos no mesmo idioma.

As vosas preferencias podedes deixalas nun comentario neste artigo ou marcando a vosa opción no cadradiño que se mostra na parte dereita deste blogue.

Lembrade: a máis votada será a nosa próxima lectura.
BubbleShare: Share photos - eco-friendly toys

lunes, 11 de febrero de 2008

Caramelo fálanos

Lémbravos a un personaxe, verdade?
Si, por que non, podería ser Caramelo, o amigo de Kori. Que cres que Caramelo nos está a dicir?
E ti, que lle dirías despois de ler a obra de Gonzalo Moure?

E que nos contarías a nós do libro? Gustouche a historia?, e os personaxes?
E que nos dis do final do libro?
Por que recomendarías Palabras de Caramelo a todas esas persoas que nos len?
Benvido ao noso recuncho de animais favoritos, Caramelo!

miércoles, 6 de febrero de 2008

O cazador de estrelas

Mañá venres, podemos falar de...

Historia: "Agelia contaba que de joven quería estudiar para ingeniero, pero la guerra llegó cuando había conseguido una beca para ir a estudiar a España y ya nunca salió del país"

Condicións de vida: "Para evitar que el polvo se colase en la jaima, las lonas de la puerta la ventana estuvieron echadas. Agelia y Magali entraban y salían de la tienda quejándose de la arena, y Bachir encontró en la comida algunas partículas que rechinaron en sus dientes. A lo lejos, los berridos de los camellos y los balidos de las cabras mostraban también el desagrado por un viento que debía resecar sus gargantas"

Solidariedade: "Que noticias venían de fuera. Quienes eran los extranjeros que pululaban por allí. Qué ayudas habían traído. Y, en definitiva, cuándo dejarían de ser refugiados y volverían a su tierra…"

Inxustiza: "Sobrevivir es nuestra forma de lucha. Solo con eso le decimos al mundo que seguimos aquí. Que se está cometiendo una gran injusticia con el pueblo saharaui".

Actitudes persoais: "Reconoce que eres un poco tirano. Te has acostumbrado a que todo el mundo te proteja"

E de todo o que nós queiramos...