lunes, 31 de marzo de 2008

Un anxo na nosa biblioteca




Gonzalo Moure veunos visitar . Vós xa o coñeciades porque o autor, sen pretendelo, deixa moito del nos seus escritos. Pero hoxe falastes con el de libros (dos seus, dos da súa mocidade, dos dos seus amigos), do Sáhara, de Caramelo, do Risón, de cabalos, dos estudos, de traballos, da vivencia oceánica na escrita, de anxos que gustan das bibliotecas... E agasallounos con palabras como estas: Lembrades?

“Ler fainos máis libres”.
“Ler fainos sufrir”.
“O erro é pensar que as riquezas son as cousas”.
“O libro realmente importante na carreira dun autor é o inicialmente máis inútil. Pensemos no Principiño de Saint Éxupery”.
“Para escribir un libro hai que espirse”.
El dedicounos Son un cabalo, e nós, agasallámolo con Palabras de Caramelo e A noite d'O Risón; seus propios libros, si, pero de seguro que agora lle serán, se cadra, un bocadiño máis especiais, pois vós tamén escribistes neles as vosas propias dedicatorias.

Gonzalo Moure fálanos da súa visita a nosa biblioteca

5 comentarios:

Anónimo dijo...

hola Gonzalo soy Gonzalo jeje solo quiero decirte que el otro dia lo pase muy bien escuchandote y me di cuenta que el que quiere conseguir algo lo puede hacer.
bueno, sigue escribiendo muchos libros y acaba uno... jaja
saludos y cuidate.
adios o mejor dicho asta luego.

Claudecha dijo...

Ola son Claudia, gustoume moito a tua visita.
Ainda que non pensaba que o ía pasar tan ben.E ademais de perder clase tamén aprendimos moitas cousas.Pareceume unha persoa moi agradable e un pouco mago polo que dixeches das rapazas do outro instituto.
Unha aperta Claudia

NOAH dijo...

Ola son Noelia.
Encantoume a túa charla, ademáis, fuches o escritor máis gracioso e máis sincero que vin en persoa porque algunhos dos que vin eran un pouco aburridos porque solo falaban deles e a ti interesouche o que nós pensabamos á hora de escribir un libro.
Tamén houbo unha cousa que non me acabei de crer: foi o de que ti ías pola rúa e lías os pensamentos das persoas.
Espero que volvas moi pronto por aquí para falarnos do teu novo libro.
Unha forte aperta

Lucía Mariñas dijo...

Ola son Lucía.
gustoume moito a túa visita. É a primeira vez que trato cun famoso, bueno un escritor .
Parécesme unha persoa graciosa e sincera non comparado con outros famosos.O que máis me gustou da charla foi que tiñamos gustos parecidos. Outra cousa que me gustou de tí foi o teu sexto sentido jajaja ese de ir pola rúa e ler os pensamentos da xente


moitos bicos e apertas

espero verte por este instituto.

cristyfi dijo...

Ola son Cristina.
Unha das que che preguntou algunha cousa.Gustoume moito a túa charla, e espero que a ti a nosa entrevista.Non fuches o primeiro escritor que tiven diante pero si fuches o que máis me gustou xa que ademais de ser moi interesante, fuches moi gracioso.
Unha das cousas que mÁis me gustou de ti, foi o teu sexto sentido(o de adiviñar) aínda que por un momento deume algo de medo porque pensei que me ías adiviñar algunha cousa que non me gustaría, pero aínda que me discubrises non me ía importar.
Espero que volvas, e... se non volves, vereite na contraportada do seguinte libro que lea teu.

Un bico moi grande:GONZALO MOURE.