jueves, 4 de junio de 2009

Excursión a Santiago

O día dous de xuño, "As Mariñas Lectoras" e mais "Salicornia" de Miño fomos a Santiago ver a biblioteca pública Ánxel Casal e a libraría Couceiro.

Comezamos a excursión pola visita á biblioteca. É inmensa! Ten catro plantas perfectamente ambientadas e adecuadas a cada idade.

Despois seguimos a nosa viaxe pola libraría Couceiro, onde nos ensinaron un obradoiro de restauración de libros moi interesante. Deixáronnos andar ao noso aire para escoller libros que nos gustasen para a nosa biblioteca.

Á hora de xantar fomos a un parque comer bocadillos e unhas aceitunas que nos trouxo Marisa a de Bioloxía. Cando acabamos, déronnos un plano e unhas preguntas que tiñamos que responder indo a diferentes partes de Santiago.

A ver se sabedes vós algunha:
  • Cantas habitacións ten o edificio situado no lado sur da praza de Praterías?

  • Quen é o escritor galego que goza dun banco no paseo dos leóns?

Artigo escrito por Alba Fernández e Sonia Martínez.

martes, 26 de mayo de 2009

Anxo Fariña coas Mariñas Lectoras.

A quen vos lembra este debuxo?

Efectivamente, un dos Megatoxos.

Aquí tedes a dedicatoria que nos deixou Anxo Fariña. Si, desta vez tivemos a sorte de contar co creador de Lúa, Ruxe, Ninfa e Faísca.

Con moito agarimo para "As Mariñas", podemos ler ao lado do debuxo. Ilustración + texto, como a el lle gusta, lembrades?

Que credes que nos quere dicir este personaxe? Como nos contou o Anxo: "Hai unha historia dentro de calquera cousa".

Por certo, lembrades cantas historias cabían nunha botella de auga?

E que me dicides da súa opinión ante a pregunta que lle fixestes sobre se prefería o cine ou a lectura? El comentou que o cine lle gustaba moito polo protagonismo da imaxe pero que, de ir á praia, ou a camiñar, como a el lle gusta, malia os DVDs portátiles, el sempre levaría un libro "porque a un libro non se lle acaba nunca a batería".

Agardamos arelantes a terceira entrega dos Megatoxos¡ e, mentres tanto, gozade con este quebracabezas


martes, 12 de mayo de 2009

O carteiro de Bagdad rematou a súa xornada


Nada muda en Bagdad. O balbordo dos estoupidos e dos disparos continúa neste primeiro día de muharram, o mes que inaugura un novo ano.

Así remata o libro de Marcos S. Calveiro.

Pero vós sabedes que algo si que mudou nos dous rapaces. Que foi?

A que se vos lembra a imaxe que vedes?

Que poñía nesa folla de xornal envurullada que lle foi parar á perna de Abdul?

E, por suposto, que vos pareceu o remate do libro?

martes, 5 de mayo de 2009

El baile

Imos botar unha peza? Estarédesvos preguntando ao fío do título deste artigo.

Pois non botar, pero si ler un pequeno relato da autora Irène Némirovsky que leva por título: El baile.


Para sacarlle o mellor partido á lectura é importante coñecer a vida da autora, a súa relación coa nai, o estrato social ao que pertencía, as súas inquietudes e como foi descuberta como escritora anos despois da súa morte.


Por iso é conveniente que leades o enlace de enriba, ou outras páxinas que vós atopedes, para unha primeira reunión do clube de lectura de As Mariñas Lectoras II onde, ademais de falar de Irène Némirovsky, repartiremos os libros.



E se nos vemos este venres á hora do recreo? Mañá falamos.

jueves, 30 de abril de 2009

Cebolas, maxia, versos

Este martes, latamos á nosa habitual reunión porque tivemos un convidado de luxo no clube de lectura: Raúl Vacas fascinounos co seu obradoiro de Poesía.
Que sensación vos produciu tocar un poema?
E vós, como describiriades un niño?
Coñeciades os haikus?

Raúl aprendeunos
  • que a poesía é comunicación, é compartir
  • que debemos diferenciar o valor das cousas do seu prezo
  • que todos os poemas teñen o seu truco, e que como facemos para a boa maxia, debemos esforzarnos un pouco para entendelo; pero iso si, unha vez que o descubrimos, ficamos engaliolados.

Animádesvos a facer libros de poemas CDs, caixas de tabaco, camisetas...?

No mes de abril

cebolas, maxia, versos,

haikus con Raúl.

martes, 21 de abril de 2009

Bagdag e as súas bibliotecas

Por que, durante séculos arrasaron coas bibliotecas de Bagdad? Por que non lles gustaban os libros aos continuos invasores?

Lembras o nome dalgún rei que promovese a construción de bibliotecas?

Aquí podes botarlle un ollo a outras bibliotecas do mundo.
Tes curiosidade acerca dos 99 nomes de Alá? Clica e poderás ler todos.
Por que camiñan tan altivos os camelos beduínos?

martes, 14 de abril de 2009

Nada muda en Bagdad.

Nada muda en Bagdad. Os meses rematan coa fin da lúa nova. Unhas noites despois, o tremelucente hilal anuncia no ceo escuro o abalo.

Soavos, non si? De que? Atreveriádesvos a dicir en que capítulo o lestes?

Abdulwahid vive nun país en guerra, sofre as súas consecuencias sen ser aínda moi consciente da gravidade da situación.
Que opinas da vida que leva o noso protagonista?

lunes, 30 de marzo de 2009

Bubisher


As Mariñas Lectoras sacan o seu lado máis solidario e queren colaborar no proxecto Bubisher coa venta dunhas postais.
O curso pasado, o clube de lectura dedicou parte das súas lecturas a achegarse á problemática dos campamentos saharauís, e foi tal o impacto que nos provocou, que cando soupemos do proxecto Bubisher tamén quixemos implicarnos nel. Pero…

- Como podemos colaborar?
- Xa o teño! Faremos unhas postais e co diñeiro recaudado axudaremos a levar libros ao Sahara.
- Boa idea! Pero necesitaremos unhas boas fotos para ilustralas.
- Eu coñezo unha persona que pode cedernos algunha das que fixo cando visita os campamentos.
- Está ben, pero as fotos soas… Non será mellor acompañalas dun texto?
- E se falamos con Gonzalo Moure? Mandámoslle as fotos, e que sexa el quen lles dea voz ás imaxes. Que vos parece?
- Adiante!

E, meu dito, meu feito. As mariñas lectoras sacan o seu lado máis solidario para colaborar co Bubisher. Así que, se alguén do clube se vos achega para vendervos unhas postais, xa sabedes, contaxiádevos da súa xenerosidade e amosádelles a vosa faceta máis solidaria. Así todas e todos os d'As Mariñas poñeremos o noso graíño de area nun deserto que precisa libros.Grazas a Gonzalo Moure e a Sabela Lorenzo por darnos a oportunidade de colaborar neste proxecto.

BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.

jueves, 26 de marzo de 2009

Grazas, Fernando, por este libro


Tal vez una asignatura obligada por ley debería ser que los adultos viviéramos dos días, solo dos días, en un país extranjero sin dinero, sin trabajo y sin conocer el idioma.
Un rato antes, Khakim me había parecido un tipo poco recomendable, de aspecto desastrado, del que podría haberse esperado que me robase la cartera. Ahora, al conocer la terrible peripecia vital de este hombre valiente y culto movido por el amor, me avergoncé de mí mismo, porque lo había juzgado, casi únicamente, por su barba de varios días.
... A nosotros, cuando despertamos el segundo día de la guerra, también nos habían convertido en insectos.
Y calló, comenzando un silencio de muchos días.

martes, 24 de marzo de 2009

O carteiro de ...Karrada?

De que vos estrañades? Así é como aparece ás veces o título de Marcos S. Calveiro cando busquedes información sobre o libro na rede.

Hoxe, Al Tholatha'a, martes, vós, que xa estades a ler a historia de Abdulwahid, sabedes por que aparece o nome de Karrada, non si?

Na contraportada do libro lemos:
Estamos en Bagdad , a cidade atravesada polo Tigris, a que aparece nos contos d'As mil e unha noites, a que hoxe resiste baixo as bombas, entre o fogo cruzado.
A xente vive esculcando o ceo, as escolas pecharon e os cativos xa que non xogan na rúa. Alleo a todo, Ibrahim reparte o correo na súa motocicleta. Leva no peto unha misteriosa carta que está decidido a entregar custe o que custe.

O autor, nunha entrevista, conta como a historia xurdiu a partir dunha nova lida no xornal: os estadounidenses entregáronlles motocicletas aos carteiros de Bagdad Tras a invasión de Irak.

Que credes que ides atopar nesta nova lectura?

miércoles, 18 de marzo de 2009

Consumir preferentemente

O que pode parecer a etiqueta dun produto de supermercado convértese en poesía na pluma de Raúl Vacas.

Consumir preferentemente é o título do libro de poemas que escollimos para ler conxuntamente os dous clubes de lectura.

Como a poesía require, esta será una lectura que faremos moi de vagar, gozando de cada verso.

Para finais de abril reunirémonos co autor. Coma sempre, contáremosvos neste blogue como foi a experiencia.
"SMS"

q paxa waptna d ms huess!!!
mjuego 20 € kmo apuesta
si ds mi sms a 1xiko d ess.
nvía akí ami mvl tu rspsta
kdms kand kras xfa bss
tkm wapa dew ctt

martes, 17 de marzo de 2009

Scherezade

Zara hablaba bien nuestro idioma, y traducía con bastante soltura, lo que no resultaba inverosimil teniendo en cuenta el oficio de su tío. Su voz era hermosa, y su extraño acento despertó en nosotros una suerte de embrujo. Me vino a la cabeza que así, más o menos, tenía que haber sido la voz de Scherezade.

Scherezade? Soa moi ben pero, quen é Scherezade?
Busquemos na wikipedia.

Que historia tan bonita! Xa me están dando ganas de ler Las mil y una noches

miércoles, 11 de marzo de 2009

Os grados do racismo



"¿Por qué no salía al rellano y corría a socorrerle? ¿Por qué no lo hacía inmediatamente? Mi cabeza generó la imagen del mesonero xenófobo, mirando apenas unas horas atrás con recelo a los dos hermanos. ¿Será, pensé, que los prejuicios y los miedos hacia el extranjero tienen grados? El mesonero los rechazaba y temía por su origen árabe, y yo le recriminaba por ello. Pero ahora, ante una situación grave, que podía ser de emergencia, mi espíritu solidario se encogía como un caracol, y me limitaba a mirar mezquinamente por la mirilla. El mesonero tenía el grado primitivo de racismo. Yo, el suave, sofisticado y posmoderno."


E ti, coñeces algunha situación vivida por ti ou por outras persoas, onde se poña a proba o grado de racismo?

Pénsao, e o martes contánolo.

martes, 10 de marzo de 2009

Deica outra, Megatoxos



Últimos capítulos da segunda entrega dos Megatoxos.

Que tal o final? Gustouvos?

Contádenos que vos pareceu. Pero lembrade que non nos podedes desvelar o final.





jueves, 5 de marzo de 2009

De contos en Miño con Tropa de trapo.

Ás dez e media saímos cara a Miño.
Chegamos na carreiriña dun can e deunos tempo para ir buscar os alumnos do CPI Castro Baxoi.
Chegamos ao centro social, sentamos, e Brais e Marta comezaron a contarnos contos.
Pero non eran só contos, fusionábanos con música e chegaban moito ao corazón.
Escoitamos relatos árabes e galegos.
Logo fixemos un obradoiro con actividades coas que rimos moito e que serviron para unirnos cos do outro colexio.
Aprendimos que a mirada é moi importante á hora de transmitir.
E, ao final, todos saímos na foto.

Artigo escrito a base de retallos das Mariñas Lectoras que hoxe fixeron a primeira, e esperamos que non a última, actividade conxunta co clube de lectura Salicornia de Miño.

Graciñas a Tropa de Trapo pola mañá tan especial que nos fixo vivir.

martes, 3 de marzo de 2009

Canteiros e constelacións


"Son marcas de canteiro! (...) Os estudosos do tema opinan que simplemente son a sinatura de cada canteiro. (...) Normalmente, cando un artesán ingresaba no gremio dos canteiros, asignábaselle un símbolo propio. Habíaos moi variados; letras, números, cruces, animais, figuras xeométricas, até símbolos de alquimia."

Para que servían estas marcas?
Lembras o que Lúa nos conta delas?
Se queres máis información sobre os canteiros visita esta páxina, e para saberdes algo máis dos nosos oficios tradicionais pídenos algún destes libros á biblioteca.
Cal é a túa constelación? Atoparás todo o univereso na CDU 52, Astronomía.

martes, 17 de febrero de 2009

Templarios e Megatoxos

Este lugar non é un mosteiro como outros que poidades coñecer. No exterior parece un edificio dedicado a labores relixiosos, pero non é así. Os monxes comparten este edificio cos cabaleiros da nosa orde. Eles non son soamente monxes, nin nós uns típicos guerreiros descerebrados. O fundamental neste edificio é a salvagarda da cultura e da civilización humana. Monxes e cabaleiros unimos esforzos nesa única dirección. Pensamos que hai que loitar usando a cabeza e a palabra, pero non descartamos o uso da forza. Por iso imos armados e somos adestrados como guerreiros.
Quen está a falar?

Aquí tedes algúns enlaces para saberdes máis dos cabaleiros templarios, mitos, lendas, regras da orde, os templarios en España e en Galiza, como era a súa vestimenta, galería de imaxes, vídeos en YouTube...
Que sabedes vós dos Templarios?
Algunha película onde aparecen?
Algún outro libro?

jueves, 12 de febrero de 2009

Eva, outra adicta a Crepúsculo

Ola!
Pois hoxe queríavos recomendar toda a colección de Crepúsculo: Crepúsculo, Luna Nueva, Eclipse e Amanecer que contan a historia de amor entre unha humana e un vampiro, Bella e Edward, nun pequeno pobo a onde ela se muda para vivir co seu pai, os perigos que corre por namorarse del...
Crepúsculo conta como se coñeceron e se namoraron, como el a salva...
Luna Nueva nárranos como el se alexa dela para non facerlle dano, como ela non o pode olvidar e como o salva.
Eclipse conta como ela se dá conta de que está namorada de Edward e do seu mellor amigo, e decide con quen quere estar...
Amanecer di como finaliza a súa vida como humana e como casa cun dos seus pretendentes.
Non vos digo nada máis. Agora lédeos. Todos eles están na biblioteca.

miércoles, 11 de febrero de 2009

Escritores



Cal das pinceladas que fai Fernando Marías destes autores che chamou máis a atención?

martes, 10 de febrero de 2009

Teseo, Minotauro, códices...

No capítulo de hoxe aparecen uns personaxes que tal vez non coñezades:

Pasoulle entón pola cabeza a historia de Teseo, onde o heroe mitolóxico, para non perderse no labririnto do Minotauro, utilizaba un fío a modo de guía sinalizando o camiño.

Quen lle deu ese fío? Para saberdes algo máis deste heroe e da muller que o axudou a saír do labirinto, clicade aquí, ou tamén, rebuscade na CDU 29 MITOLOXÍA, atoparedes historias fascinantes dos deuses e heroes gregos e romanos.

Pero volvamos aos nosos Megatoxos.

Ruxe atopou nun códice a miniatura que tedes á dereita:

Quen son os que aparecen na imaxe?

Que inscrición tiña embaixo?

Que che lembran esas palabras?

martes, 3 de febrero de 2009

Os Megatoxos na Idade Media

Parece que por fin os catro amigos volven viaxar no tempo.
Pero, non vos intriga o xeito de actuar do profesor Burela?
Que fixo?

Volvamos á viaxe. Cantos séculos retroceden?

Unha pista:
"Nas diapositivas observábanse algúns exemplos de mosteiros dos séculos .................... enclavados en incríbeis paisaxes galegas. A pesar do aspecto fortificado, estes lugares servían para a meditación, a oración, e o estudo. Acadando algúns grande sona como eixos culturais. Nestes edificios os monxes desenvolvían toda a súa existencia, tendo cada un o seu posto nestas comunidades autosuficientes"

Coñeces algún mosteiro galego?

jueves, 29 de enero de 2009

Unha estrela no vento


Eva Rodríguez, mariña lectora e gran lectora, envíanos unha nova recomendación de lectura.


Hoxe vouvos recomendar o libro de Ledicia Costas Unha estrela no vento.
Esta moi ben, o protagonista é Miguel Foz, ao que outra banda lle pegou, a banda do Bruto,
e os amigos querense vingar; ten que coidar ao seu primo discapacitado orfo de pais; namorase dunha rapaza chamada Reina, que resulta que era irmá do xefe d outra banda q lle deu a malleira; tamén dase conta de que hai xente na que non se pode confiar ainda que digan q son teus amigos...

A min persoalmente gustoume todo o libro excepto o final, xa que morre unha persoa moi importante para o protagonista, agora non vos digo máis, LÉDEO!!!

Este libro esta dispoñible na biblioteca

martes, 27 de enero de 2009

Os Megatoxos e a espada esmeralda.

Comeza un novo ano escolar para os nosos heroes.

Desta volta os Megatoxos viaxarán á Idade Media na procura dunha solución para a súa mutación xenética. Alí atoparán un mosteiro onde nada é o que parece.
Lemos na contraportada: "Nesta nova aventura, deberán medir a súa intelixencia e valor entre códices medievais, nunha biblioteca chea de enigmas e perigos, situación que porá en xogo a súa amizade".
De verdade credes que correrá perigo a mizade entre os nosos catro amigos?

Pero non adiantemos acontecementos. Hoxe comentaremos os primeiros capítulos.

Por que credes que teñen que adestrar os Megatoxos?
Que aconteceu na primeira sesión de adestramento?
Fixádevos nas ilustracións de Anxo Fariña. Seguro que vos serven de pista.

martes, 20 de enero de 2009

Non puido ser!

Ao igual que en moitos dos institutos de Galiza, no IES "As Mariñas" hoxe notouse a falta do alumnado por mor do tempo.

A mágoa foi que Anxo Fariña, o autor dos Megatoxos, ía vir facernos unha visita ás "Mariñas Lectoras" e tivemos que cancelala.
Ei! Non vaiades pensar que xa non vai vir. Non vos preocupedes: en canto se poida, terémolo connosco.

martes, 13 de enero de 2009

Non á guerra!

Xa temos elixida a próxima lectura para As Mariñas lectoras II e esta mesma semana comezaremos co reparto dos libros.

A elección, tendo en conta as tráxicas situacións que se viven, e a próxima celebración do Día da Paz, non podía ser máis acertada: Zara y el librero de Bagdad de Fernando Marías, último gañador do premio Gran Angular.

“Decidimos premiar esta obra por su trama apasionada y la riqueza y profundidad de valores que transmite tales como generosidad, empatía y delicadeza. Es además un firme alegato contra la guerra”

lunes, 12 de enero de 2009

Os Megatoxos despídense dos celtas.

"Alí estaba diante de todos eles. Agora formado por fume, en vez de auga, mais non había dúbida, era Drunxel. Por algún motivo non acabaran con el, simplemente mudara de forma".
Así comeza o último anaco que temos que ler para mañá.

No remate do libro será moi importante que coñezades os diferentes estados da materia. Por que?
Menos mal que os nosos amigos tiñan ben estudado ese tema.

Que che pareceu o final do libro? Como pensabas que ía rematar?

Deica outra lectura, Megatoxos!