viernes, 21 de diciembre de 2007

Non é de Nadal pero ten libros



Vémonos o vindeiro ano que din vén cheo de novidades: novos libros, novo club de lectura e novos proxectos, pero mentres…

Felices lecturas a todas e todos!!!

jueves, 20 de diciembre de 2007

Unha recomendación de lectura

Para Claudia que non daba atopado un libro para ler no Nadal.
Os escaravellos voan á tardiña de María Gripe
Tres rapaces coidan as plantas dunha casa deshabitada e deciden explorala. Cada exploración termina cun enigma. Ademais, descobren un paquete de cartas do século XVIII: narran a historia de amor entre Emile e Andreas, que termina traxicamente por culpa dun maleficio.
Na biblioteca en galego e en castelán.
Goza máis deste libro con esta guía para antes, durante e logo da súa lectura.

martes, 18 de diciembre de 2007

Hoxe, cine


Hoxe “os do Club” deixaron descansar a Matilda e viron "Pesadilla antes de Navidad" unha película baseada nos debuxos de Tim Burton.

A idea da película vén de cando Burton viu como cambiaban nas tendas as cousas de Halloween polas de Nadal. A súa rodaxe fué moi longa, 3 anos, estreándose en outubro de 1993 e conseguindo varios premios.

Anos máis tarde Tim Burton dirixiu a "Novia Cadáver" que tamén temos na biblioteca; pero a súa primeira curtametraxe foi "Vicent", onde un neno soña con ser Vicent Price,un coñecido actor de cine que fixo moitas películas de terror. Queredes velo? Pois, aí vai

lunes, 17 de diciembre de 2007

Esa horrible historia

Asombrosos, incribles, superxeniales, degoladores, indómitos, feros,..
Non, non, tranquilos, estamos a falar dos celtas, viquingos, incas, exipcios, gregos e irlandeses.

Emparella os adxectivos cos xentilicios e terás os títulos de cinco libros de "Esa horrible historia", unha colección moi entretida para aprender cousas da historia.
E se queres botarlle unha ollada ou levalos en préstamo só tes que buscalos na sección de coleccións.

E agora a solución, cantos acertaches?


domingo, 16 de diciembre de 2007

La invención de Hugo Cabret


Orfo, reloxeiro e ladrón, Hugo vive entre os muros dunha buliciosa estación parisiense de ferrocarrís. Se quere sobrevivir ninguén debe saber da súa existencia.



Malia todo, un día ten un despiste e resulta decuberto por unha excéntrica rapaza, amante dos libros, e por un vello amargado que ten unha tenda de xoguetes.
E xa nada será como antes.



Unha marabillosa novela gráfica, queres vela? , queres lela?

viernes, 14 de diciembre de 2007

Para botar un sorriso despois dunha longa semana de exames

Adicado ás "mariñas lectoras" que hoxe estaban na biblio esgotadas polo moito que tiveron que estudar.

BubbleShare: Share photos - Cheap Hotels Vegas

miércoles, 12 de diciembre de 2007

O libro que Matilda non puido rematar


"El poni rojo" é un libro que narra a infancia de Jody Tiflin nunha granxa situada no val de Salinas en California. Alí naceu tamén o seu autor, Jonh Steinbeck no ano 1902.

Jonh Steinbeck , Premio Nobel de Literatura no ano 1962, tamén está na nosa biblioteca.

Podes clicar sobre o libro e facelo cachizas como fixo o pai de Matilda, pero... olliño! cun pouco de tempo e habilidade poderás volver refacelo.

lunes, 10 de diciembre de 2007

Así que vos gustan os contos de medo e intriga?

Pois imos ver se atopades estes na biblioteca.

Unha pista: todos eles están nos andeis de literatura xuvenil en castelán (821-4) e literatura xuvenil en galego (821.1-4).
Ah, non! hai un que está cos outros cómics (821-5), todos mesturados sen importar os idiomas. Ben pola multiculturalidade!

A por eles!


domingo, 9 de diciembre de 2007

Matilda le a Dickens


Charles Dickens foi un novelista inglés e un dos escritores máis coñecidos da literatura universal. Naceu en 1812 en Portsmouth e pasou a maior parte da súa infancia en Londres e Kent , lugares que apareceron con frecuencia nas súas obras. Comezou a asistir á escola aos nove anos pero os seus estudos quedaron interrompidos cando o seu pai, ao non pagar unhas débedas, foi encarcerado. Charles viuse obrigado a traballar nunha fábrica aínda que anos máis tarde puido volver á escola.

Publicou por vez primeira aos 21 anos, baixo o pseudónimo de Boz, unha serie de relatos sobre a vida cotiá de Londres. Tiveron moito éxito e rapidamente encargáronlle novas obras.

En 1843 publicou Canción de Nadal que se converteu nun clásico da literatura infantil.

Morreu en xuño de 1879 .

Na biblioteca, o mesmo que Matilda, podes atopar algunhas obras deste escritor e tamén a película Oliver Twist baseada na novela do mesmo título e escrita por Dickens.

jueves, 6 de diciembre de 2007

Música Mestre!

Estamos habitados por libros e por música.
Vedes ese edificio? Si, o do fondo. Recoñecédelo? É o edificio da Ópera de París. Clicade nel e achegádevos ao fascinante mundo da ópera.
Temos reservado un palco para vós.
Collede o programa de man.
Baixan as luces.
Óense os primeiros acordes.
Gozade coa "Traviata" de Giuseppe Verdi.



miércoles, 5 de diciembre de 2007

Pasaxeiras e pasaxeiros ao tren!


O club de lectura “As Mariñas Lectoras” xa se prepara para a viaxe da lectura. Para isto, a biblioteca dotounos do material imprescindible en toda maleta de lector:

Kit dos socios e socias do Club

– Axenda.
– Marcador de páxinas artesán.
– Libro de lectura.
– Chapa de lector.
– Ex libris.
– Un nada de esforzo, e
– Un mundo de ilusión.
Boa viaxe!

domingo, 2 de diciembre de 2007

Heroes en acción

—Vaites de aí! A Matilda! Mira ela que fachendosa! Como foi a elixida para ser o primeiro libro que vai ler o club...
—E nós que?
—Veña, rapaces, bulide! Saíde dos libros, que vos vexan outra vez! Deámoslles a benvida á nosa biblioteca nós tamén.
—A ver, eses sorrisos! Non vedes que este club vai dar moita guerra?
E saíron Don Quixote ao galope co seu fiel Sancho; a inconformista Mafalda e os seus amigos; os investigadores Tintín e Milú; os axentes da TIA Mortadelo e Filemón; a maxia de Harry Potter; os invencibles galos Astérix e Obélix; o eterno Principiño e moitos máis.
Todos, todos quixeron deixar por uns momentos os seus fogares de papel para saudarvos a vós. Fixádevos na cara de alegría que puxeron cando souberon que nos iades visitar á biblioteca con tanta frecuencia.


sábado, 1 de diciembre de 2007

Matilda

Matilda é unha nena de cinco anos. É superdotada e cunha gran afección pola lectura.



Roald Dahl, o seu autor, escribiu esta novela no ano 1988. E no ano 1996 foi levada ao cine.

Matilda é das poucas personaxes femininas protagonistas ás que lles deu vida Roald Dahl.