domingo, 2 de diciembre de 2007

Heroes en acción

—Vaites de aí! A Matilda! Mira ela que fachendosa! Como foi a elixida para ser o primeiro libro que vai ler o club...
—E nós que?
—Veña, rapaces, bulide! Saíde dos libros, que vos vexan outra vez! Deámoslles a benvida á nosa biblioteca nós tamén.
—A ver, eses sorrisos! Non vedes que este club vai dar moita guerra?
E saíron Don Quixote ao galope co seu fiel Sancho; a inconformista Mafalda e os seus amigos; os investigadores Tintín e Milú; os axentes da TIA Mortadelo e Filemón; a maxia de Harry Potter; os invencibles galos Astérix e Obélix; o eterno Principiño e moitos máis.
Todos, todos quixeron deixar por uns momentos os seus fogares de papel para saudarvos a vós. Fixádevos na cara de alegría que puxeron cando souberon que nos iades visitar á biblioteca con tanta frecuencia.


No hay comentarios: