jueves, 29 de enero de 2009

Unha estrela no vento


Eva Rodríguez, mariña lectora e gran lectora, envíanos unha nova recomendación de lectura.


Hoxe vouvos recomendar o libro de Ledicia Costas Unha estrela no vento.
Esta moi ben, o protagonista é Miguel Foz, ao que outra banda lle pegou, a banda do Bruto,
e os amigos querense vingar; ten que coidar ao seu primo discapacitado orfo de pais; namorase dunha rapaza chamada Reina, que resulta que era irmá do xefe d outra banda q lle deu a malleira; tamén dase conta de que hai xente na que non se pode confiar ainda que digan q son teus amigos...

A min persoalmente gustoume todo o libro excepto o final, xa que morre unha persoa moi importante para o protagonista, agora non vos digo máis, LÉDEO!!!

Este libro esta dispoñible na biblioteca

martes, 27 de enero de 2009

Os Megatoxos e a espada esmeralda.

Comeza un novo ano escolar para os nosos heroes.

Desta volta os Megatoxos viaxarán á Idade Media na procura dunha solución para a súa mutación xenética. Alí atoparán un mosteiro onde nada é o que parece.
Lemos na contraportada: "Nesta nova aventura, deberán medir a súa intelixencia e valor entre códices medievais, nunha biblioteca chea de enigmas e perigos, situación que porá en xogo a súa amizade".
De verdade credes que correrá perigo a mizade entre os nosos catro amigos?

Pero non adiantemos acontecementos. Hoxe comentaremos os primeiros capítulos.

Por que credes que teñen que adestrar os Megatoxos?
Que aconteceu na primeira sesión de adestramento?
Fixádevos nas ilustracións de Anxo Fariña. Seguro que vos serven de pista.

martes, 20 de enero de 2009

Non puido ser!

Ao igual que en moitos dos institutos de Galiza, no IES "As Mariñas" hoxe notouse a falta do alumnado por mor do tempo.

A mágoa foi que Anxo Fariña, o autor dos Megatoxos, ía vir facernos unha visita ás "Mariñas Lectoras" e tivemos que cancelala.
Ei! Non vaiades pensar que xa non vai vir. Non vos preocupedes: en canto se poida, terémolo connosco.

martes, 13 de enero de 2009

Non á guerra!

Xa temos elixida a próxima lectura para As Mariñas lectoras II e esta mesma semana comezaremos co reparto dos libros.

A elección, tendo en conta as tráxicas situacións que se viven, e a próxima celebración do Día da Paz, non podía ser máis acertada: Zara y el librero de Bagdad de Fernando Marías, último gañador do premio Gran Angular.

“Decidimos premiar esta obra por su trama apasionada y la riqueza y profundidad de valores que transmite tales como generosidad, empatía y delicadeza. Es además un firme alegato contra la guerra”

lunes, 12 de enero de 2009

Os Megatoxos despídense dos celtas.

"Alí estaba diante de todos eles. Agora formado por fume, en vez de auga, mais non había dúbida, era Drunxel. Por algún motivo non acabaran con el, simplemente mudara de forma".
Así comeza o último anaco que temos que ler para mañá.

No remate do libro será moi importante que coñezades os diferentes estados da materia. Por que?
Menos mal que os nosos amigos tiñan ben estudado ese tema.

Que che pareceu o final do libro? Como pensabas que ía rematar?

Deica outra lectura, Megatoxos!