Mostrando entradas con la etiqueta Escritores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Escritores. Mostrar todas las entradas

martes, 26 de mayo de 2009

Anxo Fariña coas Mariñas Lectoras.

A quen vos lembra este debuxo?

Efectivamente, un dos Megatoxos.

Aquí tedes a dedicatoria que nos deixou Anxo Fariña. Si, desta vez tivemos a sorte de contar co creador de Lúa, Ruxe, Ninfa e Faísca.

Con moito agarimo para "As Mariñas", podemos ler ao lado do debuxo. Ilustración + texto, como a el lle gusta, lembrades?

Que credes que nos quere dicir este personaxe? Como nos contou o Anxo: "Hai unha historia dentro de calquera cousa".

Por certo, lembrades cantas historias cabían nunha botella de auga?

E que me dicides da súa opinión ante a pregunta que lle fixestes sobre se prefería o cine ou a lectura? El comentou que o cine lle gustaba moito polo protagonismo da imaxe pero que, de ir á praia, ou a camiñar, como a el lle gusta, malia os DVDs portátiles, el sempre levaría un libro "porque a un libro non se lle acaba nunca a batería".

Agardamos arelantes a terceira entrega dos Megatoxos¡ e, mentres tanto, gozade con este quebracabezas


martes, 20 de enero de 2009

Non puido ser!

Ao igual que en moitos dos institutos de Galiza, no IES "As Mariñas" hoxe notouse a falta do alumnado por mor do tempo.

A mágoa foi que Anxo Fariña, o autor dos Megatoxos, ía vir facernos unha visita ás "Mariñas Lectoras" e tivemos que cancelala.
Ei! Non vaiades pensar que xa non vai vir. Non vos preocupedes: en canto se poida, terémolo connosco.

domingo, 16 de noviembre de 2008

Os Megatoxos.


Non, non son uns toxos xigantescos.

Vós ben sabedes de quen imos falar, non si? Mellor dito, ben sabedes sobre quen imos ler.

Por que non nolo contades?

  • Que é iso dos Megatoxos?
  • Quen son os Megatoxos?
  • Coñeciades a Anxo Fariña?

Este martes temos a segunda reunión das Mariñas Lectoras do primeiro ciclo da ESO. Falaremos de todo isto e de moito máis.

sábado, 17 de mayo de 2008

O novo fogar de Bruno

A Bruno non lle gusta o que ve cando abre a fiestra da súa habitación. Ademais non entende por que todas as persoas levan pixama, un curioso pixama de raias.





Bruno vive agora en Auschwitz (Polonia), o maior centro de exterminio da historia do nazismo, onde se calcula que foron asasinadas máis de 1,3 millóns de persoas. Outras moitas conseguiron sobrevivir ata ser liberadas.

Ana Frank, Irene Nemirosky e Primo Levi son escritores que actualmente viven na nosa biblioteca e que tamén vestiron o pixama de raias.

domingo, 9 de diciembre de 2007

Matilda le a Dickens


Charles Dickens foi un novelista inglés e un dos escritores máis coñecidos da literatura universal. Naceu en 1812 en Portsmouth e pasou a maior parte da súa infancia en Londres e Kent , lugares que apareceron con frecuencia nas súas obras. Comezou a asistir á escola aos nove anos pero os seus estudos quedaron interrompidos cando o seu pai, ao non pagar unhas débedas, foi encarcerado. Charles viuse obrigado a traballar nunha fábrica aínda que anos máis tarde puido volver á escola.

Publicou por vez primeira aos 21 anos, baixo o pseudónimo de Boz, unha serie de relatos sobre a vida cotiá de Londres. Tiveron moito éxito e rapidamente encargáronlle novas obras.

En 1843 publicou Canción de Nadal que se converteu nun clásico da literatura infantil.

Morreu en xuño de 1879 .

Na biblioteca, o mesmo que Matilda, podes atopar algunhas obras deste escritor e tamén a película Oliver Twist baseada na novela do mesmo título e escrita por Dickens.