martes, 20 de mayo de 2008

Recomendacións dunha "mariña lectora"


Eva de 1º da Eso fainos unhas boas suxestións de lectura a través dos seus comentarios.


De igual xeito ca ela, vós tamén podedes achegarnos as vosas opinións sobre os libros que máis os gustan.


"OLA!Son Eva, o libro que lin é moi interesante:O PAZO BALEIRO.Trata dun neno que atopou nun reloxo unhas cartas antigas e xunto co seu tío e os seus amigos averígüan moitas cousas sobre a persoa que as ecribiu donde vivía,etc. É de intriga ata a última páxina."
O pazo baleiro de Xabier Docampo
"Ola!eu estou lendo o libro TRECE ANOS DE BRANCA, o libro está moi ben, sobre todo se tes trece anos, a sua protagonista é unha rapaza que ten trece anos,como xa aclara o titulo, que está na casa enferma de hepatite, pero tivo sorte porque só era tipo virica,como polo seu cumpleanos lle regalaron un albún de fotos, está colocando nel as fotos da súa vida,(a dracaena, a excursión, o pombal, os anos que viviu en Santiago, os meses que pasou na casa de súa avoa...,pero sobretodo a Lois). Agora non vos digo máis,¡ledeo!"

Trece anos de Branca de Agustín Fernández Paz

"O libro A MIÑA PRANTA DE LARANXA LIMA está moi ben,a min gustoume moito,porque mostra a vida dun neno desfavorecido, traveso e que se conforma con facer feliz a xente.eu recomendobos que o leades,estou segura de que vos gustara moitisimo."

A miña planta de laranxa lima de J. Mauro de Vasconcelos





Todos eles tédelos á vosa disposición na biblioteca.

Graciñas Eva pola túa colaboración.

sábado, 17 de mayo de 2008

O novo fogar de Bruno

A Bruno non lle gusta o que ve cando abre a fiestra da súa habitación. Ademais non entende por que todas as persoas levan pixama, un curioso pixama de raias.





Bruno vive agora en Auschwitz (Polonia), o maior centro de exterminio da historia do nazismo, onde se calcula que foron asasinadas máis de 1,3 millóns de persoas. Outras moitas conseguiron sobrevivir ata ser liberadas.

Ana Frank, Irene Nemirosky e Primo Levi son escritores que actualmente viven na nosa biblioteca e que tamén vestiron o pixama de raias.

jueves, 8 de mayo de 2008

O neno do pixama de raias


Bruno ten 9 anos e, un novo destino no traballo de seu pai obrígalle, xunto á súa familia, a cambiar de residencia. Non só de casa senón tamén de lugar, un lugar moi distinto ao que anteriormente vivira.

Bruno séntese só, non ten con quen xogar e bota en falta os seus amigos berlineses.

Bruno iranos contando como vai transcorrendo a súa vida no seu novo fogar e iranos dando pistas para que nós saibamos realmente o sitio en que se atopa: un sitio que nunca debeu de existir.

John Boyne escribiu inicialmente este libro para un público xuvenil. Con todo o seu éxito converteuno nunha lectura obrigada para todas as idades.

Mañá seguiremos coa repartición de O neno do pixama de raias, a nosa última lectura como club antes de que remate o curso.

martes, 6 de mayo de 2008

todosconelsahara



Neste club de lectura dedicamos parte das nosas lecturas a coñecer a situación na que vive o pobo saharauí. A través de Bachir, de Kori, de Lalia, de Susu e tamén de Gonzalo Moure soubemos da xenerosidade dunha xente que vive abandoada desde fai 33 anos na parte máis inhóspita do deserto do Sahara.


E é por iso que non podemos deixar de facernos eco dunha iniciativa que arrincou hai uns días para conseguir que, a través da presentación do maior número posible de sinaturas, o Goberno español busque unha solución xusta e pacífica para ese conflito.


A maioría de vós sodes menores de idade, e polo tanto non podedes asinar, pero si sodes coñecedoras e coñecedores da problemática do pobo saharauí, e seguro que vos interesará acceder a esta información clicando na imaxe de embaixo. Porque "As Mariñas lectoras" tamén estamos co Sahara.