domingo, 30 de noviembre de 2008

Al-Hakem II (915-976), o califa de “El misterio del eunuco”, fíxose cargo do poder aos 47 anos tras a morte do seu pai, Abd Al-Rahman III.
O seu foi un califato pacífico, onde se defendeu máis a vía diplomática que a militar.

As súas grandes paixóns foron as artes e as letras. Reuniu na súa biblioteca máis de 400.000 volumes e fundou 27 escolas públicas nas que os eruditos ensinaban aos pobres e orfos a cambio de altos salarios.

No ano 956 mandou ampliar a Mezquita de Córdoba en dirección ao río Guadalquivir, o que obriga a trasladar o mihrab (pequena habitación cara á que miran os fieis na oración) e facelo de novo. Será o definitivo, con unha exuberante decoración que reflicte o momento de esplendor que vive o califato.

martes, 25 de noviembre de 2008

Eunucos e castratis

Os eunucos, homes escravos aos que se lles castraba, encomendábaselles a función de gardar os haréns e coidar as mulleres que habitaban neles. Algúns chegaron a ter moito poder debido ás intrigas nas que participaban.

Este costume de converter os homes en eunucos practicouse nos imperios babilonio, chinés, bizantino, árabe e turco.


Os castrati eran nenos que procedían de ambientes pobres e aos que se lles castraba antes de chegar á puberdade. Con este cruel procedemento conseguíase que estes cantantes conservasen unha voz infantil pero coa capacidade pulmonar dun adulto. Recibían unha esmerada formación musical e algúns chegaron a ter grandes fortunas.
Un dos castrati máis famoso foi Farinelli (1705-1782)

lunes, 24 de noviembre de 2008

Os Megatoxos inician a viaxe.

Na reunión de mañá xa nos contaredes algo máis de Faísca, Ruxe, Lúa e Ninfa.

Que había na furna que lles escachou?

Que lle aconteceu a Faísca na praia diante dunhas mozas en biquini?

Por que os espectadores do cinema saltaban (no sentido literal) nas súas butacas?

Que lle pasou a Lúa mentres lía unha poesía na clase?

Por que hai un laborario secreto embaixo do instituto?

E que dicides dun toxo modificado xeneticamente que se pode teletransportar?

Mañá seremos quen de desvelar todos estes interrogantes, non si?

sábado, 22 de noviembre de 2008

Torres de Malory

A Eva gustoulle tanto este libro de Enid Blyton que tamén llelo quere recomendar ás súas compañeiras e compañeiros dos clubes de lectura "As mariñas lectoras".
Hoxe quero facer un comentario sobre Cursos en Torres de Malory.
Conta a historia dun internado de alumnas nas que sempre sucede algo. A protagonista chámase Darrel, é unha nena con algo de xenio... Dentro das súas amigas hainas bromistas como Alicia, algo cridas, estudosas..., pero non hai ninguén como a súa amiga da alma. Bueno agora non vos conto máis, se queredes saber algo sobre el, lédeo.
Haino na biblioteca.

Un saúdo, Eva.
Eva é alumna de 2º da ESO.

martes, 18 de noviembre de 2008

El misterio del eunuco

Poderían ser estes os azulexos que decoraban o cuarto do eunuco?
Saberán eles o que realmente ocorreu nese cuarto?
É Rodrigo oculpable da morte de Hemné Sudri?
Chegará a algunha conclusión Hantal Idrissi nas súas pescudas?
Falaremos de todo isto o vindeiro venres.

domingo, 16 de noviembre de 2008

Os Megatoxos.


Non, non son uns toxos xigantescos.

Vós ben sabedes de quen imos falar, non si? Mellor dito, ben sabedes sobre quen imos ler.

Por que non nolo contades?

  • Que é iso dos Megatoxos?
  • Quen son os Megatoxos?
  • Coñeciades a Anxo Fariña?

Este martes temos a segunda reunión das Mariñas Lectoras do primeiro ciclo da ESO. Falaremos de todo isto e de moito máis.

miércoles, 5 de noviembre de 2008

Comeza a conta atrás...

Siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii! Vaaaaaaaaaaaaaale! Tedes razón. Xa vai sendo hora de que comecen a funcionar os clubes de lectura.

Vides pola biblioteca: o primeiro, hai que dicilo, foi Daniel. Despois fostes vindo todos e todas: Noelia, Cristina, Eva, Paula, Zanobi, Alba, Sonia ...; chegabades aos poucos, como un goteo interminable que acaba por erosionar a rocha máis dura.

Nos recreos, nos momentos que vos quedan logo do xantar dos martes, nas escapadas entre clase e clase para devolver algún libro, viñades onda nós co eterno retrouso: Cando comezamos cos clubes de lectura?

Pois ben, xa queda apalabrado. Vemónos a vindeira semana.