Este lugar non é un mosteiro como outros que poidades coñecer. No exterior parece un edificio dedicado a labores relixiosos, pero non é así. Os monxes comparten este edificio cos cabaleiros da nosa orde. Eles non son soamente monxes, nin nós uns típicos guerreiros descerebrados. O fundamental neste edificio é a salvagarda da cultura e da civilización humana. Monxes e cabaleiros unimos esforzos nesa única dirección. Pensamos que hai que loitar usando a cabeza e a palabra, pero non descartamos o uso da forza. Por iso imos armados e somos adestrados como guerreiros.martes, 17 de febrero de 2009
Templarios e Megatoxos
Este lugar non é un mosteiro como outros que poidades coñecer. No exterior parece un edificio dedicado a labores relixiosos, pero non é así. Os monxes comparten este edificio cos cabaleiros da nosa orde. Eles non son soamente monxes, nin nós uns típicos guerreiros descerebrados. O fundamental neste edificio é a salvagarda da cultura e da civilización humana. Monxes e cabaleiros unimos esforzos nesa única dirección. Pensamos que hai que loitar usando a cabeza e a palabra, pero non descartamos o uso da forza. Por iso imos armados e somos adestrados como guerreiros.martes, 10 de febrero de 2009
Teseo, Minotauro, códices...
No capítulo de hoxe aparecen uns personaxes que tal vez non coñezades:Pasoulle entón pola cabeza a historia de Teseo, onde o heroe mitolóxico, para non perderse no labririnto do Minotauro, utilizaba un fío a modo de guía sinalizando o camiño.
Quen lle deu ese fío? Para saberdes algo máis deste heroe e da muller que o axudou a saír do labirinto, clicade aquí, ou tamén, rebuscade na CDU 29 MITOLOXÍA, atoparedes historias fascinantes dos deuses e heroes gregos e romanos.

Quen son os que aparecen na imaxe?
Que che lembran esas palabras?
martes, 3 de febrero de 2009
Os Megatoxos na Idade Media
Parece que por fin os catro amigos volven viaxar no tempo. martes, 27 de enero de 2009
Os Megatoxos e a espada esmeralda.
Comeza un novo ano escolar para os nosos heroes.
os catro amigos?lunes, 12 de enero de 2009
Os Megatoxos despídense dos celtas.
"Alí estaba diante de todos eles. Agora formado por fume, en vez de auga, mais non había dúbida, era Drunxel. Por algún motivo non acabaran con el, simplemente mudara de forma".martes, 16 de diciembre de 2008
Festa rachada para os Megatoxos.

martes, 9 de diciembre de 2008
Celtas e diaños.

martes, 18 de noviembre de 2008
El misterio del eunuco
domingo, 16 de noviembre de 2008
Os Megatoxos.

Non, non son uns toxos xigantescos.
Vós ben sabedes de quen imos falar, non si? Mellor dito, ben sabedes sobre quen imos ler.
Por que non nolo contades?
- Que é iso dos Megatoxos?
- Quen son os Megatoxos?
- Coñeciades a Anxo Fariña?
Este martes temos a segunda reunión das Mariñas Lectoras do primeiro ciclo da ESO. Falaremos de todo isto e de moito máis.
domingo, 15 de junio de 2008
Cine e literatura
O vindeiro mércores poremos un punto e seguido no noso club. Entre exames e avaliacións reunirémonos para falar da nosa última lectura neste curso: “O neno co pixama de raias”.
Pero ademais veremos a película “La vida es bella”, onde tamén hai xente que viste pixama de raias, e así compararemos dúas formas distintas de contar un mesmo feito histórico.
lunes, 9 de junio de 2008
Ricardo Gómez envíavos saúdos desde Madrid.
O autor d'O cazador de estrelas mándavos un saúdo a vós, socias e socios das Mariñas lectoras.A vosa Biblioteca estivo na Feira do Libro de Madrid e alí estaba Ricardo Gómez. Charlamos con el, contámoslle o traballo que realizastes cun dos seus libros. Quedamos en que para o ano que vén faría un oco e viría por Betanzos. E como non, pedímoslle que nos recomendase algo para vós.
A protagonista é unha adolescente que se chama Nushi. Pasou un ano de acollida cunha familia española e agora ten que regresar ao seu país na ex-Iugoslavia, onde os seus a esperan nun campo de refuxiados chamado Amencer-4. Nushi fai un diario coas cartas que lle escribe á súa familia española. A través destas cartas conta as súas vivencias , os seus medos, as súas esperanzas e os seus sentimientos. Ao final , Nushi , consegue convencer a súa familia para que ...
Se queredes saber como segue, xa sabedes..., outra viaxe máis para este verán.Por suposto, contádenos que vos pareceu. E de seguro que ao propio Ricardo lle vai gustar a vosa opinión. Podedes contactar co autor na súa páxina web.
lunes, 2 de junio de 2008
Destino: A Coruña.

sábado, 17 de mayo de 2008
O novo fogar de Bruno
Bruno vive agora en Auschwitz (Polonia), o maior centro de exterminio da historia do nazismo, onde se calcula que foron asasinadas máis de 1,3 millóns de persoas. Outras moitas conseguiron sobrevivir ata ser liberadas.
Ana Frank, Irene Nemirosky e Primo Levi son escritores que actualmente viven na nosa biblioteca e que tamén vestiron o pixama de raias.
jueves, 8 de mayo de 2008
O neno do pixama de raias


John Boyne escribiu inicialmente este libro para un público xuvenil. Con todo o seu éxito converteuno nunha lectura obrigada para todas as idades.
miércoles, 30 de abril de 2008
Fin da viaxe
Deixámosvos unha pequena mostra dos lugares que visitamos e animámosvos a facer esta viaxe con Finis Mundi. Seguro que non vos arrepentiredes.
martes, 8 de abril de 2008
O saco de Simon.
Deixamos África e comezamos unha nova viaxe coas "Mariñas Lectoras" do primeiro ciclo. Desta volta estamos a ler O saco de Simón da autora Anne Fine.domingo, 30 de marzo de 2008
Finis Mundi
“As Mariñas lectoras II” ( 3º e 4º da ESO) trasladaranse esta semana ao ano 997 coa intención de iniciar un percorrido por boa parte de Europa para atopar e reunir os tres amuletos máxicos que poden adiar 1000 anos a chegada da fin do mundo.Pero nesta viaxe non irán sos. Acompáñaos Michel, un xove monxe de 14 anos; Mattius, un xograr cínico e aventureiro; e Sirius o fiel can de Mattius.
Parece que con “Finis Mundi” de Laura Gallego está asegurado o misterio e a aventura.
O vindeiro martes comezaremos co reparto de libros e atoparémonos ao final de: “El eje del Presente”, “El eje del Futuro” e “El eje del Pasado”.
lunes, 10 de marzo de 2008
E ti, quen es?
Este martes, as Mariñas Lectoras do primeiro ciclo leredes o libro Son un cabalo de Gonzalo Moure. Cada unha un pedazo.Neste caso teredes un narrador diferente, o propio cabalo, protagonista e contador da historia.
Que vos pareceu o libro? Distinto, non si?
Pensade no esforzo de Gonzalo Moure para poñerse na pel do animal. Credes que está ben lograda a caracterización?
E vós, Mariñas Lectoras? Como fariades?
Pensa nese animal que tanto che gusta, que quizás vive contigo. Ponte na súa pel. Procuraremos que sexan todos diferentes, vale? Escribide como sería a vosa vida, que sentides, como vedes os humanos, que vos gusta e que vos desgusta de nós...
Á volta das vacacións leremos os vosos “Son un / unha... ".
miércoles, 27 de febrero de 2008
Acta de minireunión


miércoles, 13 de febrero de 2008
Un de catro
Contos de Edgar Allan Poe, historias de terror gótico e psicolóxico, tramas detectivescas e románticas, ficcións alegóricas, aventuras.... nunha selección das mellores páxinas de quen sempre viviu ó límite da locura, do amor, da vida.
El misterio del eunuco de José Luís Velasco que transcurre en la corte cordobesa de al-Haken II, en donde encerrados en la misma habitación han aparecido el cadáver del eunuco favorito del califa y el mozárabe Rodrigo. Todo indica que se trata de un asesinato...
Corredores de sombra de Agustín Fernández Paz. Verán de 1995. No pazo dos Soutelo, ao facer unhas obras de restauración, descóbrese un esqueleto dentro dunha alfombra enrolada, oculto entre dous tabiques. Quen é o morto? Que man empuñou a pistola que o asasinou?
Finis mundi de Laura Gallego cuenta la historia de Michel, un joven monje de catorce años que descubre en su monasterio unos pergaminos que profetizan la llegada del fin del mundo para el año 1000. Estamos en el año 997 y la única manera de evitar la catástrofe es reunir tres amuletos mágicos repartidos por toda Europa.
Como podedes ver a cousa vai de misterio, iso que tanto vos gusta. Ah! dúas son en castelán e dúas en galego. Nesta ocasión todos leremos no mesmo idioma.
As vosas preferencias podedes deixalas nun comentario neste artigo ou marcando a vosa opción no cadradiño que se mostra na parte dereita deste blogue.
Lembrade: a máis votada será a nosa próxima lectura.
BubbleShare: Share photos - eco-friendly toys