jueves, 18 de diciembre de 2008

martes, 16 de diciembre de 2008

O xoves, falaremos de...

Historia: "De pronto, los soldados y siervos que había en aquella sala, se echaron de bruces a tierra y pusieron sus frentes sobre el suelo. Rodeado de esclavos negros y sirios, así como por una comitiva de personajes civiles y militares, había aparecido por una puerta el Emir de los Creyentes, el gran califa al -Haken II"

Convivencia: "La judería se hallaba muy cerca del tugurio donde Hantal y Fernando habían estado, al lado de la gran mezquita y el alcázar"

Amizade: "Yo soy tu amigo sincero y conoces mi carácter. Sé callar como un muerto cuando es preciso, sobre todo si eso sirve para que se haga justicia"

Ambición: "Ser el dueño del reino más poderoso de Occidente"

Papel da muller: "Mi señor, no puedo aceptar nada de lo que me ofrecéis. No soy ni esposa, ni concubina, ni esclava vuestra"

Legado léxico: Almirez. Azahar. Anaquel. Alheña. Aceifa. Alfanje.

Festa rachada para os Megatoxos.


Logo da derrota de Drunxel os habitantes do poboado de Gael agradecéronlles aos "Deuses Megatoxos" a súa fazaña. Como o fixeron?


Pero esa tarde non todo era preparativos. Mentres Ruxe e Faísca durmían, Lúa e Ninfa fixeron un percorrido polo poboado cun guía moi especial.
Que aconteceu durante a visita?

Que credes que pasará nos dous últimos capítulos?

martes, 9 de diciembre de 2008

Celtas e diaños.


Un novo personaxe entra en acción: Gael, o aprendiz de druída.
Gael vive nun poboado celta. Oseu xefe, o druída, tivo que ausentarse e, obrigado pola necesidade, o aprendiz tivo que demostrar as súas artes para a elaboración de apócemas. Pero algo saíu mal e ...

Que foi o que pasou?

Cres que Drunxel foi aniquilado para sempre?

Se queredes saber algo máis dos nosos devanceiros celtas atoparedes información na biblioteca.

jueves, 4 de diciembre de 2008

Bubisher

E que é Bubisher?

Por Bachir, por Kori, por Lalia, por Susu, por Caramelo e por todos aqueles que sen saber dos seus nomes, si coñecemos as súas inxustas condicións de vida.
Dinos Gonzalo Moure na súa páxina: "Tal vez tú seas un día uno de los que vayan en el Bubi para leer en las escuelas saharauis, tal vez no. Pero, tal vez el que venga sea la compañera o el compañero más insospechado. Porque eso es lo que queremos: que nadie que haya pensado alguna vez en cómo ayudar a los saharauis, se quede sin hacerlo. Yendo a los campamentos a llevar el bibliobús y los libros a las aulas, o colaborando desde el colegio recogiendo libros, o de cualquier otra forma."

martes, 2 de diciembre de 2008

As Mariñas lectoras do primeiro ciclo da ESO opinan:

Hoxe preguntámosvos acerca da vosa experiencia do ano pasado no clube, e para os que empezastes este ano, que nos contásedes que vos parece.
Aí van algunhas das vosas impresións:

Por que vos anotastes no clube de lectura?
– Porque unha rapaza que xa se anotou o ano pasado propúxomo e a min pareceume divertido, porque me encanta ler.
– Porque me pareceu moi interesante e tiña curiosidade por saber o que se fai nun clube xa que nunca tiven un.

Que foi o que máis vos gustou?
– Cando veu o escritor Gonzalo Moure, e tamén cando fomos de excursión á Coruña para mercar libros.
– O saber que lemos libros tan fantásticos.

E o que menos?
– Ter que ler os libros cando teño que estudar para os exames.
– Que somos poucos no clube de lectura.

Cambiou o voso xeito de ler, de enfrontarvos aos libros, de ver a lectura?
– Si que cambiou porque agora vexo os libros máis interesantes.
– Si que cambiou porque agora leo todo tipo de libros.
– Si, porque me dou conta da importancia que ten a lectura porque descobres cousas e aprendes moito, porque nos libros vén todo.

Que vos parece a relación que mantedes entre os membros do clube?
– Moi boa e tamén me relaciono con outras persoas que case non coñecía.
– Paréceme boa porque coñezo xente nova que non pensei que fose tan simpática.

domingo, 30 de noviembre de 2008

Al-Hakem II (915-976), o califa de “El misterio del eunuco”, fíxose cargo do poder aos 47 anos tras a morte do seu pai, Abd Al-Rahman III.
O seu foi un califato pacífico, onde se defendeu máis a vía diplomática que a militar.

As súas grandes paixóns foron as artes e as letras. Reuniu na súa biblioteca máis de 400.000 volumes e fundou 27 escolas públicas nas que os eruditos ensinaban aos pobres e orfos a cambio de altos salarios.

No ano 956 mandou ampliar a Mezquita de Córdoba en dirección ao río Guadalquivir, o que obriga a trasladar o mihrab (pequena habitación cara á que miran os fieis na oración) e facelo de novo. Será o definitivo, con unha exuberante decoración que reflicte o momento de esplendor que vive o califato.

martes, 25 de noviembre de 2008

Eunucos e castratis

Os eunucos, homes escravos aos que se lles castraba, encomendábaselles a función de gardar os haréns e coidar as mulleres que habitaban neles. Algúns chegaron a ter moito poder debido ás intrigas nas que participaban.

Este costume de converter os homes en eunucos practicouse nos imperios babilonio, chinés, bizantino, árabe e turco.


Os castrati eran nenos que procedían de ambientes pobres e aos que se lles castraba antes de chegar á puberdade. Con este cruel procedemento conseguíase que estes cantantes conservasen unha voz infantil pero coa capacidade pulmonar dun adulto. Recibían unha esmerada formación musical e algúns chegaron a ter grandes fortunas.
Un dos castrati máis famoso foi Farinelli (1705-1782)

lunes, 24 de noviembre de 2008

Os Megatoxos inician a viaxe.

Na reunión de mañá xa nos contaredes algo máis de Faísca, Ruxe, Lúa e Ninfa.

Que había na furna que lles escachou?

Que lle aconteceu a Faísca na praia diante dunhas mozas en biquini?

Por que os espectadores do cinema saltaban (no sentido literal) nas súas butacas?

Que lle pasou a Lúa mentres lía unha poesía na clase?

Por que hai un laborario secreto embaixo do instituto?

E que dicides dun toxo modificado xeneticamente que se pode teletransportar?

Mañá seremos quen de desvelar todos estes interrogantes, non si?

sábado, 22 de noviembre de 2008

Torres de Malory

A Eva gustoulle tanto este libro de Enid Blyton que tamén llelo quere recomendar ás súas compañeiras e compañeiros dos clubes de lectura "As mariñas lectoras".
Hoxe quero facer un comentario sobre Cursos en Torres de Malory.
Conta a historia dun internado de alumnas nas que sempre sucede algo. A protagonista chámase Darrel, é unha nena con algo de xenio... Dentro das súas amigas hainas bromistas como Alicia, algo cridas, estudosas..., pero non hai ninguén como a súa amiga da alma. Bueno agora non vos conto máis, se queredes saber algo sobre el, lédeo.
Haino na biblioteca.

Un saúdo, Eva.
Eva é alumna de 2º da ESO.

martes, 18 de noviembre de 2008

El misterio del eunuco

Poderían ser estes os azulexos que decoraban o cuarto do eunuco?
Saberán eles o que realmente ocorreu nese cuarto?
É Rodrigo oculpable da morte de Hemné Sudri?
Chegará a algunha conclusión Hantal Idrissi nas súas pescudas?
Falaremos de todo isto o vindeiro venres.

domingo, 16 de noviembre de 2008

Os Megatoxos.


Non, non son uns toxos xigantescos.

Vós ben sabedes de quen imos falar, non si? Mellor dito, ben sabedes sobre quen imos ler.

Por que non nolo contades?

  • Que é iso dos Megatoxos?
  • Quen son os Megatoxos?
  • Coñeciades a Anxo Fariña?

Este martes temos a segunda reunión das Mariñas Lectoras do primeiro ciclo da ESO. Falaremos de todo isto e de moito máis.

miércoles, 5 de noviembre de 2008

Comeza a conta atrás...

Siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii! Vaaaaaaaaaaaaaale! Tedes razón. Xa vai sendo hora de que comecen a funcionar os clubes de lectura.

Vides pola biblioteca: o primeiro, hai que dicilo, foi Daniel. Despois fostes vindo todos e todas: Noelia, Cristina, Eva, Paula, Zanobi, Alba, Sonia ...; chegabades aos poucos, como un goteo interminable que acaba por erosionar a rocha máis dura.

Nos recreos, nos momentos que vos quedan logo do xantar dos martes, nas escapadas entre clase e clase para devolver algún libro, viñades onda nós co eterno retrouso: Cando comezamos cos clubes de lectura?

Pois ben, xa queda apalabrado. Vemónos a vindeira semana.

lunes, 23 de junio de 2008

Excursión á Coruña

O pasado martes 3 de xuño os alumnos integrantes da biblioteca IES "As Mariñas" visitamos a Coruña. E así nos foi o día.

Nada máis chegar fomos a unha florería mercar un ramo de flores para Begoña, que na actualidade rexenta a libraría Nova Colón xunto coa súa irmá, pero hai uns anos traballaba na libraría Colón que dá á Rúa Real e que tivo unha grande importancia na antigüidade pero agora xa non existe. Despois dunha charliña desta rapaza, na que nos explicou varias cousas curiosas sobre os libros, fomos tomar un tentenpé. Despois visitamos FNAC e igual que na anterior libraría mercamos algúns libros co presuposto da biblioteca. Máis tarde fomos ao centro comercial do Porto onde xantamos, para, tras un pequeno descanso ir visitar a fundación Caixa Galicia (no Cantón Grande) onde vimos expostas varias obras de Castelao (algunhas non as entendía).


Finalmente regresamos á parada do bus para voltar tras un intenso, caloroso e divertido día.
Crónica da nosa reporteira Alba Iglesias Yáñez de 1º B da Eso.

viernes, 20 de junio de 2008

Da pedra filosofal ás reliquias da morte

Ola son Eva e estou aquí para recomendarvos un libro: Harry Potter. Estes libros están moi ben, a min gústanme moito.

Harry Potter e...

A pedra filosofal (I)
A cámara dos segredos (II)

O preso de Azkaban (III)
O cáliz de fogo (IV)
A orden do Fénix (V)
O misterio do príncipe (VI)
As reliquias da morte (VII)


Recoméndovos que os leades. Chao

domingo, 15 de junio de 2008

Cine e literatura

O vindeiro mércores poremos un punto e seguido no noso club. Entre exames e avaliacións reunirémonos para falar da nosa última lectura neste curso: “O neno co pixama de raias”.


Pero ademais veremos a película “La vida es bella”, onde tamén hai xente que viste pixama de raias, e así compararemos dúas formas distintas de contar un mesmo feito histórico.



martes, 10 de junio de 2008

A reportaxe de Alba

Cuando llegamos a A Coruña, fuimos directas a la librería "Nova Colón" situada en la calle La Galera, donde una chica muy amable llamada Begoña que resultó ser la dueña de la librería, nos abrió las puertas hacia el mundo del libro y el inicio de su creación.

"Los libros tienen varias partes: la camisa que es lo que protege a la portada y contraportada del libro, las guardias, serie de hojas en blanco, actualmente no tienen mucha utilidad pero que hace muchos años, en la antigüedad, servían para que la tinta de las letras de la última y primeras páginas no se esparcieran sobre ellas de modo que no dejasen leer el contenido de la obra".
"Cada libro tiene un número de identificación llamado ISBN".

"En el primer tiraje de un libro, la presentación de este no suele ser muy elaborada ni lujosa, para que toda la población se pueda permitir comprarlo, ya que esto causaría un precio mayor.

Si el libro tiene éxito y logra colocarse en las estanterías de las casas de sus nuevos dueños, puede que en épocas de mayor venta como Navidad, se fabrique con portadas más llamativas y elaboradas"

Después de contarnos todos estos datos sobre los libros y que no toda la gente conoce, empezamos a elegir aquellos libros que más nos gustasen para llevarlos a la biblioteca del instituto y así poderlos leer durante el verano. Y así fue como poco a poco, de libros que contenían mil historias de humor, aventuras, intriga, terror, etc. se fueron formando grandes montones de libros, libros y más libros hasta que en el mostrador donde estaban apilados ya no cabían más.
Después de comprar los libros nos dirigimos a la Plaza de Lugo donde está el FNAC.

Desde fuera el edificio en el que está no parece que dentro de él te vayas a encontrar con los cientos de libros, discos, ordenadores, dvds, televisores y demás cosas que pudimos ver.

Aquí compramos una serie de libros, cómics y dvds.

En cuanto a los dependientes, eran muy amables y estaban muy enterados de todo lo que vendían pero el trato no era mejor que el de Begoña.

Crepúsculo, unha nova proposta de lectura

Alba Fernández Pato de 3º B fainos chegar a seguinte recomendación de lectura:
"Os recomiendo Crepúsculo, porque es un libro que trata de la historia de una adolescente que cambia de instituto y conoce a un chico que tiene unos hábitos muy extraños, poco a poco se van enamorando. Pero resulta que el chico no le es conveniente ya que no parece "ser quien es ".

Es una historia muy entretenida y llevadera. Tan pronto empieces a leerla te ves tan involucrado en ella que parece que eres uno de los personajes"

Graciñas Alba pola túa recomendación. Terémola en conta para as nosas lecturas do verán.

lunes, 9 de junio de 2008

Ricardo Gómez envíavos saúdos desde Madrid.

O autor d'O cazador de estrelas mándavos un saúdo a vós, socias e socios das Mariñas lectoras.

A vosa Biblioteca estivo na Feira do Libro de Madrid e alí estaba Ricardo Gómez. Charlamos con el, contámoslle o traballo que realizastes cun dos seus libros. Quedamos en que para o ano que vén faría un oco e viría por Betanzos. E como non, pedímoslle que nos recomendase algo para vós.
E xa tedes na biblioteca: Diario en un campo de barro.
A protagonista é unha adolescente que se chama Nushi. Pasou un ano de acollida cunha familia española e agora ten que regresar ao seu país na ex-Iugoslavia, onde os seus a esperan nun campo de refuxiados chamado Amencer-4. Nushi fai un diario coas cartas que lle escribe á súa familia española. A través destas cartas conta as súas vivencias , os seus medos, as súas esperanzas e os seus sentimientos. Ao final , Nushi , consegue convencer a súa familia para que ...
Se queredes saber como segue, xa sabedes..., outra viaxe máis para este verán.
Por suposto, contádenos que vos pareceu. E de seguro que ao propio Ricardo lle vai gustar a vosa opinión. Podedes contactar co autor na súa páxina web.

lunes, 2 de junio de 2008

Destino: A Coruña.


Efectivamente, "As Mariñas Lectoras" van de excursión. Puntualicemos: van de saída cultural.

A cidade herculina agárdavos.

Como clube de lectura que sodes visitaredes librarías, bibliotecas, exposicións.. Quen sabe as sorpresas que haberá para vós!

Ides de viaxe de lecer, si, mais tamén levades unha encomenda da biblioteca: contarnos polo miúdo as experiencias da viaxe.

Seredes o noso equipo de xornalistas particular. Debedes cubrir unha reportaxe.
Un exemplo de titular:
"Diario de viaxe das Mariñas Lectoras".

martes, 20 de mayo de 2008

Recomendacións dunha "mariña lectora"


Eva de 1º da Eso fainos unhas boas suxestións de lectura a través dos seus comentarios.


De igual xeito ca ela, vós tamén podedes achegarnos as vosas opinións sobre os libros que máis os gustan.


"OLA!Son Eva, o libro que lin é moi interesante:O PAZO BALEIRO.Trata dun neno que atopou nun reloxo unhas cartas antigas e xunto co seu tío e os seus amigos averígüan moitas cousas sobre a persoa que as ecribiu donde vivía,etc. É de intriga ata a última páxina."
O pazo baleiro de Xabier Docampo
"Ola!eu estou lendo o libro TRECE ANOS DE BRANCA, o libro está moi ben, sobre todo se tes trece anos, a sua protagonista é unha rapaza que ten trece anos,como xa aclara o titulo, que está na casa enferma de hepatite, pero tivo sorte porque só era tipo virica,como polo seu cumpleanos lle regalaron un albún de fotos, está colocando nel as fotos da súa vida,(a dracaena, a excursión, o pombal, os anos que viviu en Santiago, os meses que pasou na casa de súa avoa...,pero sobretodo a Lois). Agora non vos digo máis,¡ledeo!"

Trece anos de Branca de Agustín Fernández Paz

"O libro A MIÑA PRANTA DE LARANXA LIMA está moi ben,a min gustoume moito,porque mostra a vida dun neno desfavorecido, traveso e que se conforma con facer feliz a xente.eu recomendobos que o leades,estou segura de que vos gustara moitisimo."

A miña planta de laranxa lima de J. Mauro de Vasconcelos





Todos eles tédelos á vosa disposición na biblioteca.

Graciñas Eva pola túa colaboración.

sábado, 17 de mayo de 2008

O novo fogar de Bruno

A Bruno non lle gusta o que ve cando abre a fiestra da súa habitación. Ademais non entende por que todas as persoas levan pixama, un curioso pixama de raias.





Bruno vive agora en Auschwitz (Polonia), o maior centro de exterminio da historia do nazismo, onde se calcula que foron asasinadas máis de 1,3 millóns de persoas. Outras moitas conseguiron sobrevivir ata ser liberadas.

Ana Frank, Irene Nemirosky e Primo Levi son escritores que actualmente viven na nosa biblioteca e que tamén vestiron o pixama de raias.

jueves, 8 de mayo de 2008

O neno do pixama de raias


Bruno ten 9 anos e, un novo destino no traballo de seu pai obrígalle, xunto á súa familia, a cambiar de residencia. Non só de casa senón tamén de lugar, un lugar moi distinto ao que anteriormente vivira.

Bruno séntese só, non ten con quen xogar e bota en falta os seus amigos berlineses.

Bruno iranos contando como vai transcorrendo a súa vida no seu novo fogar e iranos dando pistas para que nós saibamos realmente o sitio en que se atopa: un sitio que nunca debeu de existir.

John Boyne escribiu inicialmente este libro para un público xuvenil. Con todo o seu éxito converteuno nunha lectura obrigada para todas as idades.

Mañá seguiremos coa repartición de O neno do pixama de raias, a nosa última lectura como club antes de que remate o curso.

martes, 6 de mayo de 2008

todosconelsahara



Neste club de lectura dedicamos parte das nosas lecturas a coñecer a situación na que vive o pobo saharauí. A través de Bachir, de Kori, de Lalia, de Susu e tamén de Gonzalo Moure soubemos da xenerosidade dunha xente que vive abandoada desde fai 33 anos na parte máis inhóspita do deserto do Sahara.


E é por iso que non podemos deixar de facernos eco dunha iniciativa que arrincou hai uns días para conseguir que, a través da presentación do maior número posible de sinaturas, o Goberno español busque unha solución xusta e pacífica para ese conflito.


A maioría de vós sodes menores de idade, e polo tanto non podedes asinar, pero si sodes coñecedoras e coñecedores da problemática do pobo saharauí, e seguro que vos interesará acceder a esta información clicando na imaxe de embaixo. Porque "As Mariñas lectoras" tamén estamos co Sahara.






miércoles, 30 de abril de 2008

Fin da viaxe

O club de lectura II xa terminou a súa viaxe por boa parte da Europa medieval acompañando a Michel e Mathius na procura dos tres eixos. O percorrido parece que gustou a pesar dos moitos problemas aos que se enfrontan os nosos protagonistas.

Deixámosvos unha pequena mostra dos lugares que visitamos e animámosvos a facer esta viaxe con Finis Mundi. Seguro que non vos arrepentiredes.

martes, 8 de abril de 2008

O saco de Simon.

Deixamos África e comezamos unha nova viaxe coas "Mariñas Lectoras" do primeiro ciclo. Desta volta estamos a ler O saco de Simón da autora Anne Fine.

Na contraportada lemos:
Faltan once días para o grande experimento dos nenos da fariña. Os rapaces están listos para guindar á canle a patadas os seus nenos de tres quilos de fariña, pero Simón non. O moneco de Simón está axudándolle a entender a súa propia vida: por que o abandonou o seu pai e o forte que foi a súa nai por telo criado soa.


Logo da primeira reunión, seguro que vós xa nos podedes falar un pouquiño máis del.




lunes, 31 de marzo de 2008

Un anxo na nosa biblioteca




Gonzalo Moure veunos visitar . Vós xa o coñeciades porque o autor, sen pretendelo, deixa moito del nos seus escritos. Pero hoxe falastes con el de libros (dos seus, dos da súa mocidade, dos dos seus amigos), do Sáhara, de Caramelo, do Risón, de cabalos, dos estudos, de traballos, da vivencia oceánica na escrita, de anxos que gustan das bibliotecas... E agasallounos con palabras como estas: Lembrades?

“Ler fainos máis libres”.
“Ler fainos sufrir”.
“O erro é pensar que as riquezas son as cousas”.
“O libro realmente importante na carreira dun autor é o inicialmente máis inútil. Pensemos no Principiño de Saint Éxupery”.
“Para escribir un libro hai que espirse”.
El dedicounos Son un cabalo, e nós, agasallámolo con Palabras de Caramelo e A noite d'O Risón; seus propios libros, si, pero de seguro que agora lle serán, se cadra, un bocadiño máis especiais, pois vós tamén escribistes neles as vosas propias dedicatorias.

Gonzalo Moure fálanos da súa visita a nosa biblioteca

domingo, 30 de marzo de 2008

Finis Mundi

“As Mariñas lectoras II” ( 3º e 4º da ESO) trasladaranse esta semana ao ano 997 coa intención de iniciar un percorrido por boa parte de Europa para atopar e reunir os tres amuletos máxicos que poden adiar 1000 anos a chegada da fin do mundo.

Pero nesta viaxe non irán sos. Acompáñaos Michel, un xove monxe de 14 anos; Mattius, un xograr cínico e aventureiro; e Sirius o fiel can de Mattius.

Parece que con “Finis Mundi” de Laura Gallego está asegurado o misterio e a aventura.

O vindeiro martes comezaremos co reparto de libros e atoparémonos ao final de: “El eje del Presente”, “El eje del Futuro” e “El eje del Pasado”.

lunes, 10 de marzo de 2008

E ti, quen es?

Este martes, as Mariñas Lectoras do primeiro ciclo leredes o libro Son un cabalo de Gonzalo Moure. Cada unha un pedazo.
Neste caso teredes un narrador diferente, o propio cabalo, protagonista e contador da historia.
Que vos pareceu o libro? Distinto, non si?
Pensade no esforzo de Gonzalo Moure para poñerse na pel do animal. Credes que está ben lograda a caracterización?
E vós, Mariñas Lectoras? Como fariades?
Pensa nese animal que tanto che gusta, que quizás vive contigo. Ponte na súa pel. Procuraremos que sexan todos diferentes, vale? Escribide como sería a vosa vida, que sentides, como vedes os humanos, que vos gusta e que vos desgusta de nós...
Á volta das vacacións leremos os vosos “Son un / unha... ".

miércoles, 27 de febrero de 2008

Acta de minireunión

A reunión de onte para os do club de 3º e 4º acabou sendo unha minireunión, e que é difícil competir cos exames días antes dunha avaliación. De todos os xeitos a tarde deu para xogos e para tomar decisións, que non é pouco. Imos por partes.


No lateral deste blog e dentro do apartado "Nosas actividades cos libros" hai unha dedicada a "O cazador de estrelas". Animádevos a facela e contádenos o resultado. Rocío e Sonia foron moi hábiles con ela a pesar do complicado que resultou reconstruír África.


Con respecto á nosa próxima lectura quedaramos en que sería a gañadora da enquisa que houbo neste blog ata onte mesmo: "Finis Mundi" de Laura Galego. Pero ante a visita que o próximo día 27 de marzo fará Gonzalo Moure ao noso club, decidimos empezar agora con A noite d´O Risón para poder falar do libro directamente co seu autor e pospor "Finis Mundi" para despois. Todos de acordo? Esperamos que si.




A noite d´O Risón baséase en historias sobre tormentas, naufraxios e mortos, contadas por mariñeiros e outros personaxes misteriosos que quedan atrapados, unha noite, polo temporal nun bar de pescadores.



O vindeiro martes pola mañá vémonos e repartimos os libros!

domingo, 24 de febrero de 2008

"Os ollos de ver están no corazón"


A semana pasada o Sáhara visitou as Mariñas.
Todo o balbordo dos campamentos saharauís inundou a nosa cafetería coas fotos e os obxectos que a nosa compañeira Dores trouxo de aló.
"As Mariñas Lectoras" tamén contribuístes co voso graíño de area decorando a corticeira da biblioteca cos comentarios e debuxos sobre O cazador de estrelas e Palabras de Caramelo.
E mentres tanto, na biblioteca puidéronse ver cada día unha curtametraxe distinta sobre o pobo saharauí:
- O primeiro día achegámonos á orixe dos campamentos e á súa forma actual de vida.
- O segundo día coñecemos a Lalia que nos falou en primeira persoa da esperanza en retornar ao seu país.
- E o terceiro día acompañamos a Susu na súa primeira viaxe desde Smara ata Madrid dentro do programa: "Vacaciones en Paz".
"Os ollos que miran non son os ollos de ver; os ollos de ver están no corazón"