miércoles, 27 de febrero de 2008

Acta de minireunión

A reunión de onte para os do club de 3º e 4º acabou sendo unha minireunión, e que é difícil competir cos exames días antes dunha avaliación. De todos os xeitos a tarde deu para xogos e para tomar decisións, que non é pouco. Imos por partes.


No lateral deste blog e dentro do apartado "Nosas actividades cos libros" hai unha dedicada a "O cazador de estrelas". Animádevos a facela e contádenos o resultado. Rocío e Sonia foron moi hábiles con ela a pesar do complicado que resultou reconstruír África.


Con respecto á nosa próxima lectura quedaramos en que sería a gañadora da enquisa que houbo neste blog ata onte mesmo: "Finis Mundi" de Laura Galego. Pero ante a visita que o próximo día 27 de marzo fará Gonzalo Moure ao noso club, decidimos empezar agora con A noite d´O Risón para poder falar do libro directamente co seu autor e pospor "Finis Mundi" para despois. Todos de acordo? Esperamos que si.




A noite d´O Risón baséase en historias sobre tormentas, naufraxios e mortos, contadas por mariñeiros e outros personaxes misteriosos que quedan atrapados, unha noite, polo temporal nun bar de pescadores.



O vindeiro martes pola mañá vémonos e repartimos os libros!

6 comentarios:

Anónimo dijo...

ola!!!!!!!!
se vos gustan as historias de medo e que conten historias noxentas, est e o libro indicado.a min gustoum moito porque son moi realistas,ainda que as noites non son os momentos mais indicados para leelas.....
recomendovos que o leades.
moitos bicos.

Unknown dijo...

ola amig@s lectores!!!

este es un libreo diferente a los demas...son varias histarias un poco asquerosas pero muy interesante sobre todo para las persona que os gusta las histrias de miedo!

leerlo ya veras como os gusta y es algo nuevo!!

besitoss

Anónimo dijo...

A quien le gusten las historias de miedo no se lo deben perder, noches de tormenta, leyendas terroríficas, y a quien no le gusten que lo lea ya verá como le gusta, es un buen libro tanto para aficionados como para los que no.
Leedlo, ya vereis como os gusta.

Anónimo dijo...

Rocio:

E unha historia que engancha a seguir lendo, cada historia atrae outra mais.
Se vos gustan as historias de medo e vos atrae a vida mariñeira ledeo e descubride o que acurre no bar d'o Rison.
Moitos saudos

Anónimo dijo...

Alba:
ola a todos, recomendovos que leades este libro. É un libro entretenido que contan historias...bueno leedeo e así xa o sabedes!!vaivos gustar.
bicos.

Anónimo dijo...

Me gustó mucho el libro ya que las historias son muy interesantes y los lugares en que suceden también lo aconsejo a aquellas personas a las que le guste las historias de misterio.