miércoles, 30 de enero de 2008

Día da Non Violencia e da Paz

As Mariñas Lectoras e mais o noso alumnado de “Actividades de Estudo” de 2º da ESO e os de “Técnicas de Expresión escrita” de 4º traballaron arreo durante unha semana para celebraren este 30 de xaneiro: Día Escolar da Non Violencia e a Paz, que este ano coincide co 60º aniversario da morte de Gandhi.
Desde este blogue queremos reivindicar unha educación para a paz, unha cultura da paz.
Son murais feitos en grupo, pequenas mostras do que se pode facer traballando en solidariedade e cooperación. Velaí tedes os resultados


martes, 29 de enero de 2008

Os contos que Kori non pode escoitar


"Bajo la jaima" é unha recompilación de contos populares saharauís que podes atopar na sección de literatura xuvenil en castelán (821-4).


Os contos nárranse á tardiña cando os nenos e nenas antes da cea reúnense na "jaima". Todos están sentados, todos participan na emisión do conto coa súa atención e interese...


El nuevo maestro

El nuevo maestro parecía muy severo y no ser muy querido por muchos de sus pequeños alumnos, porque, a menudo, hacía preguntas sorprendentes y pedía, sobre todo, que presentaran sus deberes cada mañana.
Un día ordenó a la clase dibujar un pájaro sobre un árbol en dos minutos solamente. Hizo bien entender, con amenazas muy claras, que castigaría a estar arrodillados contra la pizarra, durante una hora, a aquellos que no finalizaran la tarea a tiempo.
Los dos minutos acabaron. El maestro golpeó violentamente la mesa para que los alumnos levantaran sus pizarritas. Todo el mundo dibujó o intentó dibujar el árbol y el pájaro salvo el pequeño alumno del rincón. El maestro se dirigió a él y le preguntó:
- ¿Por qué no has dibujado el pájaro también?
Y el pequeño respondió:
- Maestro, yo lo he dibujado pero cuando usted golpeó la mesa se asustó tanto que salió volando.

lunes, 28 de enero de 2008

Viaxar, un desexo, unha realidade.


Viaxar, coñecer outras xentes, outros costumes, aprender outro idioma... Non, non é un desexo. Vós podedes, e por ben poucos cartos!
O departamento de inglés vén de pasarnos esta información: a Consellaría de Educación ofrece axudas para os estudantes que queiran viaxar a outros países para aprender inglés ou francés.
Que vos parece Canadá, tres semanas por 300 €? E Francia, Reino Unido, Irlanda por 100 €? Incrible, non si? Pois bulide, que o prazo para pedir a bolsa de axuda remata o 18 de febreiro.

domingo, 27 de enero de 2008

Publicar no blogue



Cando queirades publicar, calquera de vós, un artigo no blogue, só tedes que envialo ao enderezo de correo da biblioteca.


Poñerde tamén o voso nome e curso, e se queredes que teña unha imaxe, achegádenola co texto se é unha en concreto, de non terdes vós a imaxe, dicídenos que é o que precisades e nós intentaremos buscarche algunha que se lle pareza.

Animádevos!

martes, 22 de enero de 2008

Palabras de Caramelo.

Esta peciña de Gonzalo Moure foi a elixida para ler polas Mariñas lectoras do primeiro ciclo da ESO.
Queredes saber de que vai? É a historia dun neno con problemas (un neno saharauí xordomudo empeñado en aprender a ler e escribir), que ten como mellor amigo e confidente un camelo chamado Caramelo e que vive nun campamento de refuxiados no deserto do Sahara.
Tal vez vos pareza estraño, non si?
Como di o propio autor, Palabras de Caramelo fálanos do pobo saharauí, pero ante todo fálanos da amizade, das ansias por aprender. "Tiven fai sete anos a sorte de coñecer unha nena xorda, dobremente marxinada, por xorda e por refuxiada, que con todo, e a pesar de non ter ferramentas de comunicación (nin escritura, nin Lingua de Signos), tivo pouca dificultade para facerse entender por min. Non hai nada que non se poida conseguir con vontade e con boas razóns para facelo".
Defende o poder da palabra, o respecto pola diferencia e o amor aos animais.
Oxalá que vos guste!

Xogando con Matilda


Limos o libro,
vimos a película
e agora....

Disfruta con Matilda!

sábado, 12 de enero de 2008

Coñecendo a Bachir

Bachir ten 12 anos, e unha enfermidade pulmonar teno retido na súa “haima”.
Bachir vive en Smara un dos campamentos de refuxiados saharauís. Alí as condicións de vida son moi duras: moita area, moitas pedras..., moita calor sobre todo no verán con temperaturas superiores aos 50º e practicamente ningún recurso polo que a supervivencia se basea na axuda humanitaria que reciben.
Estes campamentos que existen dende fai 32 anos, e onde viven máis de 200.000 persoas, formáronse a partir da invasión de Marrocos nos territorios saharauís. Este feito obrigounos a abandonar as súas casas e as súas cidades e fuxir ao deserto onde foron bombardeados e masacrados.
Ante esta tráxica situación, Arxelia cedeulles o anaco máis inhóspito do deserto do Sahara. Naceron, así, os campamentos de Smara, Auserd, Aaiún e Dajla ( os nomes son os mesmos que os das cidades que se viron obrigados a abandonar).

jueves, 10 de enero de 2008

E cada vez... máis Mariñas Lectoras!


O club de lectura do primeiro ciclo da ESO será, sen dúbida, o que iniciou a andaina de "As Mariñas Lectoras".Pero o recén formado de entre as filas dos alumnos e alumnas do segundo ciclo vén con forza, axiña lles darán caza aos de 1º que xa remataron de ler Matilda.

E , Patricia, Sonia, Desiree, Rocío, Alba, Daniel, Paula e Miguel , para quentar motores, comezarán con: O cazador de estrelas de Ricardo Gómez.

miércoles, 9 de enero de 2008

Algunhas novidades



Xa están no moble de novidades os libros que Alba e Eva suxeriron para a biblioteca: El misterio del colegio embrujado e Nancy Drew, la chica detective.


E os demais, xa sabedes: cando teñades un interese especial por un libro, unha película ou un cd de música, só tedes que cubrir "o papeliño" das suxestións de compras. Animádevos!

domingo, 6 de enero de 2008

O último do 2007

Coas présas das vacacións algunhas cousas do ano anterior quedaron no tinteiro, e, que mellor que o inicio do ano para coñecelas!
Por exemplo: sabiades que xa chegamos ao máxico número de rexistro 10.000 con “Tras los pasos de los dioses griegos” ? Animádevos a lelo. Este libro forma parte dunha interesante serie que segue as pegadas da escravitude, dos piratas, dos vikingos,do rei Arturo, de Cristobal Colón, … Podedes atopalo na sección de coleccións.

Outra novidade foi o agasallo do cómic " A mansión dos Pampín" a todos os integrantes do club de lectura así como o reparto dos novos carnés.

Pero o mellor de todo é que o alumnado de 3º e 4º da ESO tamén quere ter o seu propio club de lectura. Xa hai moitos apuntados e todo está preparado para empezarmos co inicio do ano.

E para rematar unha moi boa noticia: ao noso proxecto de club de lectura foille outorgada unha axuda de 1300 euros. Con este empurrón, abofé que nós si intentaremos cumprir os nosos propósitos para o 2008 con respecto ás Mariñas Lectoras.

Parabéns a todas e a todos vós que o fixestes posible, e

FELIZ ANINOVO!




BubbleShare: Share photos - Find great Clip Art Images.