sábado, 12 de enero de 2008

Coñecendo a Bachir

Bachir ten 12 anos, e unha enfermidade pulmonar teno retido na súa “haima”.
Bachir vive en Smara un dos campamentos de refuxiados saharauís. Alí as condicións de vida son moi duras: moita area, moitas pedras..., moita calor sobre todo no verán con temperaturas superiores aos 50º e practicamente ningún recurso polo que a supervivencia se basea na axuda humanitaria que reciben.
Estes campamentos que existen dende fai 32 anos, e onde viven máis de 200.000 persoas, formáronse a partir da invasión de Marrocos nos territorios saharauís. Este feito obrigounos a abandonar as súas casas e as súas cidades e fuxir ao deserto onde foron bombardeados e masacrados.
Ante esta tráxica situación, Arxelia cedeulles o anaco máis inhóspito do deserto do Sahara. Naceron, así, os campamentos de Smara, Auserd, Aaiún e Dajla ( os nomes son os mesmos que os das cidades que se viron obrigados a abandonar).

No hay comentarios: