Neste club de lectura dedicamos parte das nosas lecturas a coñecer a situación na que vive o pobo saharauí. A través de Bachir, de Kori, de Lalia, de Susu e tamén de Gonzalo Moure soubemos da xenerosidade dunha xente que vive abandoada desde fai 33 anos na parte máis inhóspita do deserto do Sahara.
E é por iso que non podemos deixar de facernos eco dunha iniciativa que arrincou hai uns días para conseguir que, a través da presentación do maior número posible de sinaturas, o Goberno español busque unha solución xusta e pacífica para ese conflito.
A maioría de vós sodes menores de idade, e polo tanto non podedes asinar, pero si sodes coñecedoras e coñecedores da problemática do pobo saharauí, e seguro que vos interesará acceder a esta información clicando na imaxe de embaixo. Porque "As Mariñas lectoras" tamén estamos co Sahara.
1 comentario:
Ola a todos,como sempre encántanme as actividades realizadas pola biblioteca do noso instituto,unha delas é a de levar unha mochila viaxeira a casa.
Publicar un comentario