jueves, 8 de mayo de 2008

O neno do pixama de raias


Bruno ten 9 anos e, un novo destino no traballo de seu pai obrígalle, xunto á súa familia, a cambiar de residencia. Non só de casa senón tamén de lugar, un lugar moi distinto ao que anteriormente vivira.

Bruno séntese só, non ten con quen xogar e bota en falta os seus amigos berlineses.

Bruno iranos contando como vai transcorrendo a súa vida no seu novo fogar e iranos dando pistas para que nós saibamos realmente o sitio en que se atopa: un sitio que nunca debeu de existir.

John Boyne escribiu inicialmente este libro para un público xuvenil. Con todo o seu éxito converteuno nunha lectura obrigada para todas as idades.

Mañá seguiremos coa repartición de O neno do pixama de raias, a nosa última lectura como club antes de que remate o curso.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Está moi ben esto da biblioteca e suas novas normas.Resulta que non se pode aceder a fotologs, que non deixan de ser blogs, nos que te podes atopar as fotos do último botellón do veciño do cuarto, ou tamén cadros de artistas anonimos ou non tan anonimos, ou sexa que non deixa de ser información; ademais sabendo que a paxina de inicio (esa que non podemos cambiar por unha como un buscador, que sería o mais lóxico, se estes ordenadores son como din para buscar informaciónd)é un blog cas suas fotos, e as suas entradas cas opinións dos que entran nela (igualiño que o blog do meu amigo Riki,que ademais de falar da sua vida, matenme ben informado do que acontece na miña vila).
Polo que respeta o caso dos fotologs en concreto ¿en que se diferencian dos corchos que a biblioteca usa para poñer o que lle da a gana, como por exemplo as fotos dos novos alumnos do centro(que por certo a min ninguén me pediu consentimento para poñela, eso que era unha foto que eu entreguei o centro con outros fins)?.
E porque non poden xogar os nenos os xogos mentras nadie precise un ordenador?, non é mellor que estén na biblioteca xogando que no parque fumando porros?(varios estudos demostran que co uso das novas tecnoloxías, descendeu o consumo de drogas, como alcohol e tabaco, entre os menores).
Por outra banda...¿para que usan os encargados da biblioteca o seu ordenador? Porque non creo que estén todo o día mirando so información(aparte de que xa os pillei mais dunha vez usandoos para ocio ou para mirar o típico correo gracioso que che envian.
Se a biblioteca está so para buscar información...¿para que dispoñemos de comics revistas e periodicos?
¿non sería mais sinxelo cabilar que me movo entre xente con sentido común, e que adicarán os ordenadores da biblioteca para o ocio, sempre e cando ninguén os precise para usos mais académicos?
E o final de todo esto que me queda a min como resposta de porque fan todo esto: Polo mesmo motivo que fai anos en este pais estaba prohibido xuntarse mais de tres personas......

biblioteca dijo...

Toda a comunidade educativa ten dereito, como non podía ser menos, a expor as súas opinións para intentar mellorar a vida do centro.
Pero o mellor camiño para conseguilo é pór en coñecemento ao director do centro ou a responsable da biblioteca neste caso, das propostas que se crean oportunas; a ser posible en papel, con nome e apelidos.
É o mellor xeito de solucionar os problemas que poidan xurdir e de, ao coñecer ao interlocutor, poder dar as aclaracións necesarias.