lunes, 30 de marzo de 2009

Bubisher


As Mariñas Lectoras sacan o seu lado máis solidario e queren colaborar no proxecto Bubisher coa venta dunhas postais.
O curso pasado, o clube de lectura dedicou parte das súas lecturas a achegarse á problemática dos campamentos saharauís, e foi tal o impacto que nos provocou, que cando soupemos do proxecto Bubisher tamén quixemos implicarnos nel. Pero…

- Como podemos colaborar?
- Xa o teño! Faremos unhas postais e co diñeiro recaudado axudaremos a levar libros ao Sahara.
- Boa idea! Pero necesitaremos unhas boas fotos para ilustralas.
- Eu coñezo unha persona que pode cedernos algunha das que fixo cando visita os campamentos.
- Está ben, pero as fotos soas… Non será mellor acompañalas dun texto?
- E se falamos con Gonzalo Moure? Mandámoslle as fotos, e que sexa el quen lles dea voz ás imaxes. Que vos parece?
- Adiante!

E, meu dito, meu feito. As mariñas lectoras sacan o seu lado máis solidario para colaborar co Bubisher. Así que, se alguén do clube se vos achega para vendervos unhas postais, xa sabedes, contaxiádevos da súa xenerosidade e amosádelles a vosa faceta máis solidaria. Así todas e todos os d'As Mariñas poñeremos o noso graíño de area nun deserto que precisa libros.Grazas a Gonzalo Moure e a Sabela Lorenzo por darnos a oportunidade de colaborar neste proxecto.

BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.

No hay comentarios: