martes, 25 de octubre de 2011
jueves, 4 de junio de 2009
Excursión a Santiago
Comezamos a excursión pola visita á biblioteca. É inmensa! Ten catro plantas perfectamente ambientadas e adecuadas a cada idade.
Despois seguimos a nosa viaxe pola libraría Couceiro, onde nos ensinaron un obradoiro de restauración de libros moi interesante. Deixáronnos andar ao noso aire para escoller libros que nos gustasen para a nosa biblioteca.
Á hora de xantar fomos a un parque comer bocadillos e unhas aceitunas que nos trouxo Marisa a de Bioloxía. Cando acabamos, déronnos un plano e unhas preguntas que tiñamos que responder indo a diferentes partes de Santiago.
A ver se sabedes vós algunha:
- Cantas habitacións ten o edificio situado no lado sur da praza de Praterías?
- Quen é o escritor galego que goza dun banco no paseo dos leóns?
Artigo escrito por Alba Fernández e Sonia Martínez.
martes, 26 de mayo de 2009
Anxo Fariña coas Mariñas Lectoras.
Efectivamente, un dos Megatoxos.
Aquí tedes a dedicatoria que nos deixou Anxo Fariña. Si, desta vez tivemos a sorte de contar co creador de Lúa, Ruxe, Ninfa e Faísca.
Con moito agarimo para "As Mariñas", podemos ler ao lado do debuxo. Ilustración + texto, como a el lle gusta, lembrades?
Que credes que nos quere dicir este personaxe? Como nos contou o Anxo: "Hai unha historia dentro de calquera cousa".
Por certo, lembrades cantas historias cabían nunha botella de auga?
E que me dicides da súa opinión ante a pregunta que lle fixestes sobre se prefería o cine ou a lectura? El comentou que o cine lle gustaba moito polo protagonismo da imaxe pero que, de ir á praia, ou a camiñar, como a el lle gusta, malia os DVDs portátiles, el sempre levaría un libro "porque a un libro non se lle acaba nunca a batería".
Agardamos arelantes a terceira entrega dos Megatoxos¡ e, mentres tanto, gozade con este quebracabezas
martes, 12 de mayo de 2009
O carteiro de Bagdad rematou a súa xornada
Así remata o libro de Marcos S. Calveiro.
Pero vós sabedes que algo si que mudou nos dous rapaces. Que foi?
A que se vos lembra a imaxe que vedes?
Que poñía nesa folla de xornal envurullada que lle foi parar á perna de Abdul?
E, por suposto, que vos pareceu o remate do libro?
martes, 5 de mayo de 2009
El baile
Pois non botar, pero si ler un pequeno relato da autora Irène Némirovsky que leva por título: El baile.
Para sacarlle o mellor partido á lectura é importante coñecer a vida da autora, a súa relación coa nai, o estrato social ao que pertencía, as súas inquietudes e como foi descuberta como escritora anos despois da súa morte.
Por iso é conveniente que leades o enlace de enriba, ou outras páxinas que vós atopedes, para unha primeira reunión do clube de lectura de As Mariñas Lectoras II onde, ademais de falar de Irène Némirovsky, repartiremos os libros.
E se nos vemos este venres á hora do recreo? Mañá falamos.
jueves, 30 de abril de 2009
Cebolas, maxia, versos
Que sensación vos produciu tocar un poema?
E vós, como describiriades un niño?
Coñeciades os haikus?
Raúl aprendeunos
- que a poesía é comunicación, é compartir
- que debemos diferenciar o valor das cousas do seu prezo
- que todos os poemas teñen o seu truco, e que como facemos para a boa maxia, debemos esforzarnos un pouco para entendelo; pero iso si, unha vez que o descubrimos, ficamos engaliolados.
Animádesvos a facer libros de poemas CDs, caixas de tabaco, camisetas...?
No mes de abril
cebolas, maxia, versos,
haikus con Raúl.martes, 21 de abril de 2009
Bagdag e as súas bibliotecas
Lembras o nome dalgún rei que promovese a construción de bibliotecas?
Aquí podes botarlle un ollo a outras bibliotecas do mundo.
Tes curiosidade acerca dos 99 nomes de Alá? Clica e poderás ler todos.
Por que camiñan tan altivos os camelos beduínos?
martes, 14 de abril de 2009
Nada muda en Bagdad.
lunes, 30 de marzo de 2009
Bubisher
O curso pasado, o clube de lectura dedicou parte das súas lecturas a achegarse á problemática dos campamentos saharauís, e foi tal o impacto que nos provocou, que cando soupemos do proxecto Bubisher tamén quixemos implicarnos nel. Pero…
- Como podemos colaborar?
- Xa o teño! Faremos unhas postais e co diñeiro recaudado axudaremos a levar libros ao Sahara.
- Boa idea! Pero necesitaremos unhas boas fotos para ilustralas.
- Eu coñezo unha persona que pode cedernos algunha das que fixo cando visita os campamentos.
- Está ben, pero as fotos soas… Non será mellor acompañalas dun texto?
- E se falamos con Gonzalo Moure? Mandámoslle as fotos, e que sexa el quen lles dea voz ás imaxes. Que vos parece?
- Adiante!
E, meu dito, meu feito. As mariñas lectoras sacan o seu lado máis solidario para colaborar co Bubisher. Así que, se alguén do clube se vos achega para vendervos unhas postais, xa sabedes, contaxiádevos da súa xenerosidade e amosádelles a vosa faceta máis solidaria. Así todas e todos os d'As Mariñas poñeremos o noso graíño de area nun deserto que precisa libros.Grazas a Gonzalo Moure e a Sabela Lorenzo por darnos a oportunidade de colaborar neste proxecto.
BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.
jueves, 26 de marzo de 2009
Grazas, Fernando, por este libro
martes, 24 de marzo de 2009
O carteiro de ...Karrada?
Hoxe, Al Tholatha'a, martes, vós, que xa estades a ler a historia de Abdulwahid, sabedes por que aparece o nome de Karrada, non si?
Na contraportada do libro lemos:
Estamos en Bagdad , a cidade atravesada polo Tigris, a que aparece nos contos d'As mil e unha noites, a que hoxe resiste baixo as bombas, entre o fogo cruzado.
A xente vive esculcando o ceo, as escolas pecharon e os cativos xa que non xogan na rúa. Alleo a todo, Ibrahim reparte o correo na súa motocicleta. Leva no peto unha misteriosa carta que está decidido a entregar custe o que custe.
O autor, nunha entrevista, conta como a historia xurdiu a partir dunha nova lida no xornal: os estadounidenses entregáronlles motocicletas aos carteiros de Bagdad Tras a invasión de Irak.
Que credes que ides atopar nesta nova lectura?
miércoles, 18 de marzo de 2009
Consumir preferentemente
martes, 17 de marzo de 2009
Scherezade
miércoles, 11 de marzo de 2009
Os grados do racismo
Pénsao, e o martes contánolo.