jueves, 30 de abril de 2009

Cebolas, maxia, versos

Este martes, latamos á nosa habitual reunión porque tivemos un convidado de luxo no clube de lectura: Raúl Vacas fascinounos co seu obradoiro de Poesía.
Que sensación vos produciu tocar un poema?
E vós, como describiriades un niño?
Coñeciades os haikus?

Raúl aprendeunos
  • que a poesía é comunicación, é compartir
  • que debemos diferenciar o valor das cousas do seu prezo
  • que todos os poemas teñen o seu truco, e que como facemos para a boa maxia, debemos esforzarnos un pouco para entendelo; pero iso si, unha vez que o descubrimos, ficamos engaliolados.

Animádesvos a facer libros de poemas CDs, caixas de tabaco, camisetas...?

No mes de abril

cebolas, maxia, versos,

haikus con Raúl.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Os alumnos e alumnas do Castro Baxoi son expertos-as en haikus... Ata fixeron un libriño moi chulo.
Gustaríame contactar con Raúl para un próximo encontro porque o que contades parece moi interesante. Un bico.
Begoña.