jueves, 18 de diciembre de 2008
martes, 16 de diciembre de 2008
O xoves, falaremos de...
Historia: "De pronto, los soldados y siervos que había en aquella sala, se echaron de bruces a tierra y pusieron sus frentes sobre el suelo. Rodeado de esclavos negros y sirios, así como por una comitiva de personajes civiles y militares, había aparecido por una puerta el Emir de los Creyentes, el gran califa al -Haken II"Amizade: "Yo soy tu amigo sincero y conoces mi carácter. Sé callar como un muerto cuando es preciso, sobre todo si eso sirve para que se haga justicia"

Festa rachada para os Megatoxos.

martes, 9 de diciembre de 2008
Celtas e diaños.

jueves, 4 de diciembre de 2008
Bubisher
Por Bachir, por Kori, por Lalia, por Susu, por Caramelo e por todos aqueles que sen saber dos seus nomes, si coñecemos as súas inxustas condicións de vida.

Dinos Gonzalo Moure na súa páxina: "Tal vez tú seas un día uno de los que vayan en el Bubi para leer en las escuelas saharauis, tal vez no. Pero, tal vez el que venga sea la compañera o el compañero más insospechado. Porque eso es lo que queremos: que nadie que haya pensado alguna vez en cómo ayudar a los saharauis, se quede sin hacerlo. Yendo a los campamentos a llevar el bibliobús y los libros a las aulas, o colaborando desde el colegio recogiendo libros, o de cualquier otra forma."
martes, 2 de diciembre de 2008
As Mariñas lectoras do primeiro ciclo da ESO opinan:
Hoxe preguntámosvos acerca da vosa experiencia do ano pasado no clube, e para os que empezastes este ano, que nos contásedes que vos parece.Aí van algunhas das vosas impresións:
Por que vos anotastes no clube de lectura?
– Porque unha rapaza que xa se anotou o ano pasado propúxomo e a min pareceume divertido, porque me encanta ler.
– Porque me pareceu moi interesante e tiña curiosidade por saber o que se fai nun clube xa que nunca tiven un.
Que foi o que máis vos gustou?
– Cando veu o escritor Gonzalo Moure, e tamén cando fomos de excursión á Coruña para mercar libros.
– O saber que lemos libros tan fantásticos.
E o que menos?
– Ter que ler os libros cando teño que estudar para os exames.
– Que somos poucos no clube de lectura.
Cambiou o voso xeito de ler, de enfrontarvos aos libros, de ver a lectura?
– Si que cambiou porque agora vexo os libros máis interesantes.
– Si, porque me dou conta da importancia que ten a lectura porque descobres cousas e aprendes moito, porque nos libros vén todo.
Que vos parece a relación que mantedes entre os membros do clube?
– Moi boa e tamén me relaciono con outras persoas que case non coñecía.
– Paréceme boa porque coñezo xente nova que non pensei que fose tan simpática.
domingo, 30 de noviembre de 2008
Al-Hakem II (915-976), o califa de “El misterio del eunuco”, fíxose cargo do poder aos 47 anos tras a morte do seu pai, Abd Al-Rahman III. martes, 25 de noviembre de 2008
Eunucos e castratis
Os eunucos, homes escravos aos que se lles castraba, encomendábaselles a función de gardar os haréns e coidar as mulleres que habitaban neles. Algúns chegaron a ter moito poder debido ás intrigas nas que participaban.
lunes, 24 de noviembre de 2008
Os Megatoxos inician a viaxe.
Na reunión de mañá xa nos contaredes algo máis de Faísca, Ruxe, Lúa e Ninfa.Que había na furna que lles escachou?
Que lle aconteceu a Faísca na praia diante dunhas mozas en biquini?
Por que os espectadores do cinema saltaban (no sentido literal) nas súas butacas?
Que lle pasou a Lúa mentres lía unha poesía na clase?
Por que hai un laborario secreto embaixo do instituto?
E que dicides dun toxo modificado xeneticamente que se pode teletransportar?
Mañá seremos quen de desvelar todos estes interrogantes, non si?
sábado, 22 de noviembre de 2008
Torres de Malory
Conta a historia dun internado de alumnas nas que sempre sucede algo. A protagonista chámase Darrel, é unha nena con algo de xenio... Dentro das súas amigas hainas bromistas como Alicia, algo cridas, estudosas..., pero non hai ninguén como a súa amiga da alma. Bueno agora non vos conto máis, se queredes saber algo sobre el, lédeo.martes, 18 de noviembre de 2008
El misterio del eunuco
domingo, 16 de noviembre de 2008
Os Megatoxos.

Non, non son uns toxos xigantescos.
Vós ben sabedes de quen imos falar, non si? Mellor dito, ben sabedes sobre quen imos ler.
Por que non nolo contades?
- Que é iso dos Megatoxos?
- Quen son os Megatoxos?
- Coñeciades a Anxo Fariña?
Este martes temos a segunda reunión das Mariñas Lectoras do primeiro ciclo da ESO. Falaremos de todo isto e de moito máis.
miércoles, 5 de noviembre de 2008
Comeza a conta atrás...
Vides pola biblioteca: o primeiro, hai que dicilo, foi Daniel. Despois fostes vindo todos e todas: Noelia, Cristina, Eva, Paula, Zanobi, Alba, Sonia ...; chegabades aos poucos, como un gote
o interminable que acaba por erosionar a rocha máis dura.Nos recreos, nos momentos que vos quedan logo do xantar dos martes, nas escapadas entre clase e clase para devolver algún libro, viñades onda nós co eterno retrouso: Cando comezamos cos clubes de lectura?
Pois ben, xa queda apalabrado. Vemónos a vindeira semana.
lunes, 23 de junio de 2008
Excursión á Coruña
O pasado martes 3 de xuño os alumnos integrantes da biblioteca IES "As Mariñas" visitamos a Coruña. E así nos foi o día.
importancia na antigüidade pero agora xa non existe. Despois dunha charliña desta rapaza, na que nos explicou varias cousas curiosas sobre os libros, fomos tomar un tentenpé. Despois visitamos FNAC e igual que na anterior libraría mercamos algúns libros co presuposto da biblioteca. Máis tarde fomos ao centro comercial do Porto onde xantamos, para, tras un pequeno descanso ir visitar a fundación Caixa Galicia (no Cantón Grande) onde vimos expostas varias obras de Castelao (algunhas non as entendía). 
viernes, 20 de junio de 2008
Da pedra filosofal ás reliquias da morte
Harry Potter e...A pedra filosofal (I)
A cámara dos segredos (II)
O preso de Azkaban (III)
O cáliz de fogo (IV)
A orden do Fénix (V)
O misterio do príncipe (VI)
As reliquias da morte (VII)
Recoméndovos que os leades. Chao
domingo, 15 de junio de 2008
Cine e literatura
O vindeiro mércores poremos un punto e seguido no noso club. Entre exames e avaliacións reunirémonos para falar da nosa última lectura neste curso: “O neno co pixama de raias”.
Pero ademais veremos a película “La vida es bella”, onde tamén hai xente que viste pixama de raias, e así compararemos dúas formas distintas de contar un mesmo feito histórico.
martes, 10 de junio de 2008
A reportaxe de Alba
Cuando llegamos a A Coruña, fuimos directas a la librería "Nova Colón" situada en la calle La Galera, donde una chica muy amable llamada Begoña que resultó ser la dueña de la librería, nos abrió las puertas hacia el mundo del libro y el inicio de su creación.
a obra".Desde fuera el edificio en el que está no parece que dentro de él te vayas a encontrar con los cientos de libros, discos, ordenadores, dvds, televisores y demás cosas que pudimos ver.
Crepúsculo, unha nova proposta de lectura
Alba Fernández Pato de 3º B fainos chegar a seguinte recomendación de lectura:Es una historia muy entretenida y llevadera. Tan pronto empieces a leerla te ves tan involucrado en ella que parece que eres uno de los personajes"
lunes, 9 de junio de 2008
Ricardo Gómez envíavos saúdos desde Madrid.
O autor d'O cazador de estrelas mándavos un saúdo a vós, socias e socios das Mariñas lectoras.A vosa Biblioteca estivo na Feira do Libro de Madrid e alí estaba Ricardo Gómez. Charlamos con el, contámoslle o traballo que realizastes cun dos seus libros. Quedamos en que para o ano que vén faría un oco e viría por Betanzos. E como non, pedímoslle que nos recomendase algo para vós.
A protagonista é unha adolescente que se chama Nushi. Pasou un ano de acollida cunha familia española e agora ten que regresar ao seu país na ex-Iugoslavia, onde os seus a esperan nun campo de refuxiados chamado Amencer-4. Nushi fai un diario coas cartas que lle escribe á súa familia española. A través destas cartas conta as súas vivencias , os seus medos, as súas esperanzas e os seus sentimientos. Ao final , Nushi , consegue convencer a súa familia para que ...
Se queredes saber como segue, xa sabedes..., outra viaxe máis para este verán.Por suposto, contádenos que vos pareceu. E de seguro que ao propio Ricardo lle vai gustar a vosa opinión. Podedes contactar co autor na súa páxina web.
lunes, 2 de junio de 2008
Destino: A Coruña.

martes, 20 de mayo de 2008
Recomendacións dunha "mariña lectora"
"OLA!Son Eva, o libro que lin é moi interesante:O PAZO BALEIRO.Trata dun neno que atopou nun reloxo unhas cartas antigas e xunto co seu tío e os seus amigos averígüan moitas cousas sobre a persoa que as ecribiu donde vivía,etc. É de intriga ata a última páxina."
"O libro A MIÑA PRANTA DE LARANXA LIMA está moi ben,a min gustoume moito,porque mostra a vida dun neno desfavorecido, traveso e que se conforma con facer feliz a xente.eu recomendobos que o leades,estou segura de que vos gustara moitisimo."
A miña planta de laranxa lima de J. Mauro de Vasconcelos



Todos eles tédelos á vosa disposición na biblioteca.
Graciñas Eva pola túa colaboración.
sábado, 17 de mayo de 2008
O novo fogar de Bruno
Bruno vive agora en Auschwitz (Polonia), o maior centro de exterminio da historia do nazismo, onde se calcula que foron asasinadas máis de 1,3 millóns de persoas. Outras moitas conseguiron sobrevivir ata ser liberadas.
Ana Frank, Irene Nemirosky e Primo Levi son escritores que actualmente viven na nosa biblioteca e que tamén vestiron o pixama de raias.
jueves, 8 de mayo de 2008
O neno do pixama de raias


John Boyne escribiu inicialmente este libro para un público xuvenil. Con todo o seu éxito converteuno nunha lectura obrigada para todas as idades.
martes, 6 de mayo de 2008
todosconelsahara


miércoles, 30 de abril de 2008
Fin da viaxe
Deixámosvos unha pequena mostra dos lugares que visitamos e animámosvos a facer esta viaxe con Finis Mundi. Seguro que non vos arrepentiredes.
martes, 8 de abril de 2008
O saco de Simon.
Deixamos África e comezamos unha nova viaxe coas "Mariñas Lectoras" do primeiro ciclo. Desta volta estamos a ler O saco de Simón da autora Anne Fine.lunes, 31 de marzo de 2008
Un anxo na nosa biblioteca
Gonzalo Moure veunos visitar . Vós xa o coñeciades porque o autor, sen pretendelo, deixa moito del nos seus escritos. Pero hoxe falastes con el de libros (dos seus, dos da súa mocidade, dos dos seus amigos), do Sáhara, de Caramelo, do Risón, de cabalos, dos estudos, de traballos, da vivencia oceánica na escrita, de anxos que gustan das bibliotecas... E agasallounos con palabras como estas: Lembrades?
“Ler fainos máis libres”.
“Ler fainos sufrir”.
“O erro é pensar que as riquezas son as cousas”.
“O libro realmente importante na carreira dun autor é o inicialmente máis inútil. Pensemos no Principiño de Saint Éxupery”.
“Para escribir un libro hai que espirse”.
El dedicounos Son un cabalo, e nós, agasallámolo con Palabras de Caramelo e A noite d'O Risón; seus propios libros, si, pero de seguro que agora lle serán, se cadra, un bocadiño máis especiais, pois vós tamén escribistes neles as vosas propias dedicatorias.
Gonzalo Moure fálanos da súa visita a nosa biblioteca
domingo, 30 de marzo de 2008
Finis Mundi
“As Mariñas lectoras II” ( 3º e 4º da ESO) trasladaranse esta semana ao ano 997 coa intención de iniciar un percorrido por boa parte de Europa para atopar e reunir os tres amuletos máxicos que poden adiar 1000 anos a chegada da fin do mundo.Pero nesta viaxe non irán sos. Acompáñaos Michel, un xove monxe de 14 anos; Mattius, un xograr cínico e aventureiro; e Sirius o fiel can de Mattius.
Parece que con “Finis Mundi” de Laura Gallego está asegurado o misterio e a aventura.
O vindeiro martes comezaremos co reparto de libros e atoparémonos ao final de: “El eje del Presente”, “El eje del Futuro” e “El eje del Pasado”.
lunes, 10 de marzo de 2008
E ti, quen es?
Este martes, as Mariñas Lectoras do primeiro ciclo leredes o libro Son un cabalo de Gonzalo Moure. Cada unha un pedazo.Neste caso teredes un narrador diferente, o propio cabalo, protagonista e contador da historia.
Que vos pareceu o libro? Distinto, non si?
Pensade no esforzo de Gonzalo Moure para poñerse na pel do animal. Credes que está ben lograda a caracterización?
E vós, Mariñas Lectoras? Como fariades?
Pensa nese animal que tanto che gusta, que quizás vive contigo. Ponte na súa pel. Procuraremos que sexan todos diferentes, vale? Escribide como sería a vosa vida, que sentides, como vedes os humanos, que vos gusta e que vos desgusta de nós...
Á volta das vacacións leremos os vosos “Son un / unha... ".
miércoles, 27 de febrero de 2008
Acta de minireunión


domingo, 24 de febrero de 2008
"Os ollos de ver están no corazón"
A semana pasada o Sáhara visitou as Mariñas.
Todo o balbordo dos campamentos saharauís inundou a nosa cafetería coas fotos e os obxectos que a nosa compañeira Dores trouxo de aló.

