As Mariñas Lectoras e mais o noso alumnado de “Actividades de Estudo” de 2º da ESO e os de “Técnicas de Expresión escrita” de 4º traballaron arreo durante unha semana para celebraren este 30 de xaneiro: Día Escolar da Non Violencia e a Paz, que este ano coincide co 60º aniversario da morte de Gandhi.Desde este blogue queremos reivindicar unha educación para a paz, unha cultura da paz.
Son murais feitos en grupo, pequenas mostras do que se pode facer traballando en solidariedade e cooperación. Velaí tedes os resultados






