miércoles, 30 de abril de 2008

Fin da viaxe

O club de lectura II xa terminou a súa viaxe por boa parte da Europa medieval acompañando a Michel e Mathius na procura dos tres eixos. O percorrido parece que gustou a pesar dos moitos problemas aos que se enfrontan os nosos protagonistas.

Deixámosvos unha pequena mostra dos lugares que visitamos e animámosvos a facer esta viaxe con Finis Mundi. Seguro que non vos arrepentiredes.

martes, 8 de abril de 2008

O saco de Simon.

Deixamos África e comezamos unha nova viaxe coas "Mariñas Lectoras" do primeiro ciclo. Desta volta estamos a ler O saco de Simón da autora Anne Fine.

Na contraportada lemos:
Faltan once días para o grande experimento dos nenos da fariña. Os rapaces están listos para guindar á canle a patadas os seus nenos de tres quilos de fariña, pero Simón non. O moneco de Simón está axudándolle a entender a súa propia vida: por que o abandonou o seu pai e o forte que foi a súa nai por telo criado soa.


Logo da primeira reunión, seguro que vós xa nos podedes falar un pouquiño máis del.