Esta peciña de Gonzalo Moure foi a elixida para ler polas Mariñas lectoras do primeiro ciclo da ESO.
Queredes saber de que vai? É a historia dun neno con problemas (un neno saharauí xordomudo empeñado en aprender a ler e escribir), que ten como mellor amigo e confidente un camelo chamado Caramelo e que vive nun campamento de refuxiados no deserto do Sahara.
Tal vez vos pareza estraño, non si?
Como di o propio autor, Palabras de Caramelo fálanos do pobo saharauí, pero ante todo fálanos da amizade, das ansias por aprender. "Tiven fai sete anos a sorte de coñecer unha nena xorda, dobremente marxinada, por xorda e por refuxiada, que con todo, e a pesar de non ter ferramentas de comunicación (nin escritura, nin Lingua de Signos), tivo pouca dificultade para facerse entender por min. Non hai nada que non se poida conseguir con vontade e con boas razóns para facelo".
Defende o poder da palabra, o respecto pola diferencia e o amor aos animais.
Oxalá que vos guste!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Kori e Caramelo viven, como Bachir, en Smara, un dos campamentos de refuxiados saharauis.
Publicar un comentario