domingo, 6 de enero de 2008

O último do 2007

Coas présas das vacacións algunhas cousas do ano anterior quedaron no tinteiro, e, que mellor que o inicio do ano para coñecelas!
Por exemplo: sabiades que xa chegamos ao máxico número de rexistro 10.000 con “Tras los pasos de los dioses griegos” ? Animádevos a lelo. Este libro forma parte dunha interesante serie que segue as pegadas da escravitude, dos piratas, dos vikingos,do rei Arturo, de Cristobal Colón, … Podedes atopalo na sección de coleccións.

Outra novidade foi o agasallo do cómic " A mansión dos Pampín" a todos os integrantes do club de lectura así como o reparto dos novos carnés.

Pero o mellor de todo é que o alumnado de 3º e 4º da ESO tamén quere ter o seu propio club de lectura. Xa hai moitos apuntados e todo está preparado para empezarmos co inicio do ano.

E para rematar unha moi boa noticia: ao noso proxecto de club de lectura foille outorgada unha axuda de 1300 euros. Con este empurrón, abofé que nós si intentaremos cumprir os nosos propósitos para o 2008 con respecto ás Mariñas Lectoras.

Parabéns a todas e a todos vós que o fixestes posible, e

FELIZ ANINOVO!




BubbleShare: Share photos - Find great Clip Art Images.

No hay comentarios: