jueves, 4 de junio de 2009

Excursión a Santiago

O día dous de xuño, "As Mariñas Lectoras" e mais "Salicornia" de Miño fomos a Santiago ver a biblioteca pública Ánxel Casal e a libraría Couceiro.

Comezamos a excursión pola visita á biblioteca. É inmensa! Ten catro plantas perfectamente ambientadas e adecuadas a cada idade.

Despois seguimos a nosa viaxe pola libraría Couceiro, onde nos ensinaron un obradoiro de restauración de libros moi interesante. Deixáronnos andar ao noso aire para escoller libros que nos gustasen para a nosa biblioteca.

Á hora de xantar fomos a un parque comer bocadillos e unhas aceitunas que nos trouxo Marisa a de Bioloxía. Cando acabamos, déronnos un plano e unhas preguntas que tiñamos que responder indo a diferentes partes de Santiago.

A ver se sabedes vós algunha:
  • Cantas habitacións ten o edificio situado no lado sur da praza de Praterías?

  • Quen é o escritor galego que goza dun banco no paseo dos leóns?

Artigo escrito por Alba Fernández e Sonia Martínez.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

¡Pois as profes tomamos un café ben rico nunha das rúas da zona vella! E tamén buscamos novas preguntas para aumentar as que xa temos no xogo por Santiago. Así que ídevos preparando para anos vindeiros.
Pasámolo moi ben e o comportamento de todos-as foi I-M-P-E-C-A-B-L-E.
Begoña.

Biblioteca Escolar CPI San Vicente dijo...

Moitas felicidades por ese premio ESPIRAL! Hai tempo que dende A Baña admiramos o voso traballo. VÉMONOS EN MADRID?