Nada máis chegar fomos a unha florería mercar un ramo de flores para Begoña, que na actualidade rexenta a libraría Nova Colón xunto coa súa irmá, pero hai uns anos traballaba na libraría Colón que dá á Rúa Real e que tivo unha grande importancia na antigüidade pero agora xa non existe. Despois dunha charliña desta rapaza, na que nos explicou varias cousas curiosas sobre os libros, fomos tomar un tentenpé. Despois visitamos FNAC e igual que na anterior libraría mercamos algúns libros co presuposto da biblioteca. Máis tarde fomos ao centro comercial do Porto onde xantamos, para, tras un pequeno descanso ir visitar a fundación Caixa Galicia (no Cantón Grande) onde vimos expostas varias obras de Castelao (algunhas non as entendía).
Finalmente regresamos á parada do bus para voltar tras un intenso, caloroso e divertido día.
Crónica da nosa reporteira Alba Iglesias Yáñez de 1º B da Eso.
1 comentario:
ola,eu paseino moi ben na excursión a coruña, encantoume, posto que mercamos libros para a biblioteca, peliculas, comics...
espero que este ano volvamos saír eque merquemos moitas mais cousas, e ademais pe rdemos clase!!!jajaja
un bico e léde moito.
Publicar un comentario