sábado, 16 de febrero de 2008

Diario dun amor adolescente.

Día 13: Que fago? Escríbolle? Non, é unha horterada. Mira que poemas máis fermosos colgaronos da biblioteca. Si, entro, pido rápido unha postal e escríbolle.
Día 14: Sorrisos, ollares inquedos, bicos de namorados, cor vermella na roupa e na alma, apertas, nervios, incertidume.... Haberá carta para min? Por que non as reparten hoxe? Moito curran os de Técnicas de Expresión Expresión escrita de 4º: Currículo do amor, Instancia ao amor, Reclamación ao amor, Anuncios de balde amorosos...




Día 15: Toc, toc! Eh, aí vén a da biblioteca! Vaia feixe de postais! Ala, dállas á profe! E agora, uff!, agardar ata que remate a clase. “Yes, teacher”. “Que si, que facemos as ecuacións para o luns”. “Cal? O comentario da Revolución Francesa para o próximo día?” “Eu non sei analizar as cláusulas complexas!” “Veña profe, reparto eu as cartas?”
Siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii! De quen será? Eu coma se nada. Que chuliña! De hoxe non pasa, dígolle algo. Que nervios...

No hay comentarios: