martes, 8 de abril de 2008

O saco de Simon.

Deixamos África e comezamos unha nova viaxe coas "Mariñas Lectoras" do primeiro ciclo. Desta volta estamos a ler O saco de Simón da autora Anne Fine.

Na contraportada lemos:
Faltan once días para o grande experimento dos nenos da fariña. Os rapaces están listos para guindar á canle a patadas os seus nenos de tres quilos de fariña, pero Simón non. O moneco de Simón está axudándolle a entender a súa propia vida: por que o abandonou o seu pai e o forte que foi a súa nai por telo criado soa.


Logo da primeira reunión, seguro que vós xa nos podedes falar un pouquiño máis del.




7 comentarios:

  1. Olaaaaaaa!!!!!!!
    O saco de Simon é un libro chulo. E un libro moi divertido aunque ainda non o lin todo pouco nos falta para acabalo.O outro dia varaxamos varios finais para o libro.Bueno cando o acabemos xa vos contaremos.
    chao

    ResponderEliminar
  2. Ola¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
    Que tal estades?
    Vouvos comentar o que me parece o libro de Simon.
    Paréceme un libro moi bonito que me está gustando moito,creo que Simon o final do libro se vai a encariñar ca nena de fariña,e non vai querer devolvela.
    Tamén creo que vai a volver o seu pai e que se van a reconciliar seus pais e volverán a ser unha familia moi interesante

    ResponderEliminar
  3. OLA¡¡¡¡¡¡¡¡¡
    Son Noelia e estou lendo un libro que está moi ben. Chámase "O SACO DE SIMON". Xa chegamos oa capítulo 8 e por agora estame gustando moito, ata fixemos con Iolanda e Xaquina un comentario sobre o remate do texto. Eu dixen que Simon iba a ter o saco de fariña ata o final pero agora xa teño as miñas dúbidas porque neste último capítulo, o saco de fariña de Simon estaba todo sucio e esfiañado.
    Tamén penso que o pai de Simon vai volver para estar con el e vai a ter un irm@ porque lle estan empezando a gustar os nenos.
    MOitos bicos e ata outro día

    ResponderEliminar
  4. OA¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

    Son Cristina,unha lectora profesional do clube de lectura. Agora mesmo estamos lendo un libro que ten de nome O SACO DE SIMON.
    Coa axuda de Iolanda e Xaquina, cada martes comentamos algo sobre o saco de Simon. Imos no capítulo 8 Este fin de semana estuven lendo un pouco. Polo que levo lido de momento, paréceme que e moi bonito . Según o qeu levo lido, penso que o pai vai volver con eles para estar co pai.

    ResponderEliminar
  5. Olaaaa!!!!

    Son Claudia, é estou moi contenta porque xa rematamos o libro.
    Eu pensaba que o pai iba volver e Simon ía terminar ca saca.
    Eu ben sei que vós ordevidentes queredes coñecer o final eu só vos vou dicir que o pai de Simon non volve pero se volvera seguro que a nai o odiaría por abandoalos.
    Se queredes saber todo o final porque non teño ganas de seguir, ademais Ioli e Xaqui xa queren que empecemos hoxe o clube porque como estiveron unha semna sen vernos teñen moita gana de falar con nos.
    Ala bicos e lede o libro.
    Bicos

    ResponderEliminar
  6. Ola¡¡¡¡¡¿¿¿¿¿??????

    Son Cristina e estou escribindo isto, para dicirvos, xa por difinitiva vez, o que eu pensaba e o que ocorreu, verdadeiramente ao final do libro que como en outras ocasións xa vos dixera o título.
    Bueno, vou empezar¡(espero que vos guste moito como o resumin todo para darvos unha idea de como é o libro).
    Eu pensaba de verdade que o pai ía volver e ao fin e o cabo tiven razón, porque non volveu.
    É por outra banda, Simon acaba co saco.Eso foi o que mais me gustou. Despois de martes tras martes espero que vos enterarades de que vai o libro que para algo vos conto de que vai.
    Bueno iso agora non importa, so me gustaría que vos animárades e o leades. Aquí acabou o meu discurso, e.... seguireivos contando paso por paso o que vaia lendo.
    Un bico moi forte de parte de CRISTINA.

    ResponderEliminar
  7. ola¡¡¡¡¡¡¡

    que tal estades????
    o final do libro do sacode simon pareceume dececionante porque sinceramente eu cria queseu pai iba voltar a casa para coidar del pero non voltou, igual que eu pensei que iba qudar ca nena de fariña pero non como era o soño de todos os rapaces de 4ºC era facer unha bomba de mfariña,é dicir cando acabara o prazo do experimentoreventarian os sacos dos nenos de fariña.

    recomendoche que leas este libro que está moi interesante aínda que non te imaxinesun final como o que ten,digoo outra vez,

    estou moi dececionado con este final.

    bicos eapertas.
    Lucía

    ResponderEliminar